Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.877

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 14 de xuño de 2001 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade que desempeñen funcións en Galicia é competencia des

ta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso ordinario convocado por Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 23 de abril de 2001 (BOE do 9 de maio) e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do Regulamento para a súa execución, o Decreto 161/2000, do 29 de xuño, modificado polo Decreto 120/2001, do 10 de maio, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que a seguir se relacionan para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Marta Fernández Urrusuno, rexistradora de Cangas del Narcea, para o rexistro de Ribadeo.

-Andrés Barettino Coloma, rexistrador de Gijón nº 4, para o rexistro de Mondoñedo.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais