Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.877

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de xuño de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal funcionario, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), listas (A1 e A2), de conformidade co establecido na Resolución do 5 de abril de 2001.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 117, do 18 de xuño, cómpre realiza-las seguintes correccións:

-Na páxina 8.126, onde di: «listas (A2 e A2)», debe dicir: «listas (A1 e A2)».

-Na páxina 8.127, onde di: «As distas listas...», debe dicir: «As ditas listas...».

-Na mesma páxina, onde di: «(lista B)», debe dicir: «(listas A1 e A2)».