Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.877

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001 pola que se aproban os tipos de xuro máximos que as entidades financeiras aplicarán durante o segundo semestre do ano 2001 ós préstamos en vigor dos convenios de axuda financeira ás Pemes dos anos 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999 e 2000.

De conformidade cos convenios de colaboración de axuda financeira ás Pemes asinados coas entidades financeiras durante os anos 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999 e 2000, os tipos de xuro para exercicios futuros dos préstamos subvencionados pola Xunta de Galicia que se formalizaron ó abeiro dos ditos convenios serán variables por semestres naturais, establecéndose no texto dos correspondentes convenios o sistema de determinación do tipo de xuro.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do MIBOR e EURIBOR durante o período establecido en cada convenio e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro.-Os tipos de xuro máximos que se aplicarán durante o segundo semestre do ano 2001 ós préstamos en vigor dos convenios de axudas financeiras ás Pemes dos anos 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999 e 2000 serán os seguintes:

-Préstamos do convenio 1993: 6,40%.

-Préstamos do convenio 1994: 6,40%.

-Préstamos do convenio 1995: 6,40%.

-Préstamos do convenio 1996: 6,25%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,75, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (4,51) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos dos convenios 1997 e 1998: 5,80%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,25, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (4,55) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

-Préstamos do convenio 1999 e 2000: 5,70%. No caso de que o tipo adicional sexa inferior ó 1,15, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ó tipo de referencia (4,558) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo.-As entidades financeiras deberán comunicarlles ós beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro.-O tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó límite fixado nos respectivos convenios. No caso de que sexa inferior, limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual o inferior ó límite, suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se aplicará á operación de préstamo será o que lle corresponda segundo o estipulado no punto primeiro da presente resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica