Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.868

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da Delegación Provinical de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos cociñados.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo para o sector de obradoiros e despachos de confeiterías, pastelerías, reposterías e pratos cociñados, con nº de código 3601015, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-5-2001, subscrita en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios Artesanos de Pastelería y Panificación (Arpaspan), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data 15-3-2001. De conformidade co disposto no artigo 13 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 16 de maio de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Na sede da Asociación Provincial de Empresarios Artesanos de Pastelería y Panificación (Arpaspan) da provincia de Pontevedra, sita en Vigo, o 15 de marzo de 2001, procédese á sinatura da cláusula de revisión salarial do convenio de confeiterías, reposterías, pastelerías e pratos precociñados da provincia de Pontevedra, do cal se levanta esta acta:

Primeiro.

A relación de asinantes desta cláusula de revisión salarial, con representación e lexitimación suficiente, son os que a continuación se reproducen:

En representación da parte empresarial:

Carlos Andrade Lago.

En representación da parte social:

Casiano Novoa Brisaboa (CC.OO.).

Ignacio Couñago Lara (UGT).

Luciano Villar González (CIG).

Segundo.

Establécese como porcentaxe de revisión salarial o 1% sobre as táboas salariais establecidas o 31 de decembro do año 2000 e que quedan como segue:

Categorías profesionaisSalario base

Persoal de obradoiro:
Mestre obrador123.179
Encargado123.179
Oficial técnico de 1ª112.223
Oficial de 1ª112.223
Oficial de 2ª93.242
Axudante86.317
Peón83.092

Persoal de acabado e empaquetado:
Encargado113.083
Auxiliar de máis de 18 anos87.822

Persoal de oficios varios:
Oficial de 1ª113.083
Oficial de 2ª91.689
Oficial de 3ª86.317

Subalternos:
Vixilante (mercantil)101.994
Vixilante (obrador)84.527
Sereno101.965
Persoal de limpeza (por horas)-

Administrativos:
Xefe de primeira126.750
Xefe de segunda121.697
Oficial de primeira116.675
Oficial de segunda99.641
Auxiliar88.712

Categorías profesionaisSalario base

Persoal mercantil propiamente dito:
Axente de praza96.772
Dependente93.242
Dependente maior96.772
Axudante87.590

As táboas establecidas enténdense con efecto retroactivo do 1 de xaneiro de 2000.

E non habendo máis asuntos que tratar, rematou a reunión, asinando os presentes o anteriormente relacionado en proba de conformidade.