Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 02 de xullo de 2001 Páx. 8.868

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de xuño de 2001 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados ós concellos galegos para misións de protección civil.

Advertido erro na publicación da citada orde no Diario Oficial de Galicia, número 119, páxina 8254, do 20 de xuño de 2001, procede face-la seguinte corrección:

Onde di: «Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.624.0, programa 231A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, a cesión en propiedade dun vehículo de protección civil ós concellos de: A Laracha; O Pino; Vedra; A Fonsagrada; O Incio; Viveiro; Larouco; Vilar de Barrio; Meis; Mondariz e Rodeiro».

Debe dicir: «Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.624.1, programa 231 A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, a cesión en propiedade dun vehículo todo-terreo modelo Nissan Patrol longo, teito alto, 6 cc, diésel RD 28 equipado para misións de protección civil ós seguintes concellos: A Laracha; O Pino; Vedra; A Fonsagrada; O Incio; Viveiro; Larouco; Vilar de Barrio; Meis; Mondariz e Rodeiro».