Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.778

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 147/2001, do 14 de xuño, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun soar e do centro de saúde construído nel, propiedade do Concello de Burela.

O Pleno do Concello de Burela, en sesión do 16 de marzo de 2000 rectificada por outra do 26 de xaneiro do 2001, acordou ceder gratuitamente ó Servicio Galego de Saúde o soar e o centro de saúde construído nel sitos na rúa Eijo Garay da vila de Burela e propiedade do concello, con destino ó funcionamento do centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non poderán adquirirse bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor global dos gravames, cargas e afectacións impostas sobre eles supera o seu valor intrínseco. Non se considerarán carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de xuño de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto feita polo Concello de Burela a favor do Servicio Galego de Saúde, dun soar e do centro de saúde actualmente en funcionamento situado alí.

2. O soar e o centro de saúde cedidos, localízanse na rúa Eijo Garay, da vila de Burela tendo unha superficie de 2088 metros cadrados, sendo as súas estremas as seguintes:

Norte: rúa Eijo Garay.

Sur: terreos propiedade deste concello.

Leste: rúa Suafonte.

Oeste: resto do predio matriz.

Artigo 2º

O inmoble acéptase segundo o establecido nos artigos 23.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 38 do seu regulamento e seguirase destinando a centro de saúde.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público integrándose no seu patrimonio propio.

Disposicin derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, catorce de xuño de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

P.A. (Decreto 133/2001, do 7 de xuño)

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria