Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.778

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 18 de xuño de 2001 pola que se ordena a publicación do concerto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde.

En cumprimento do mandado contido na disposición adicional sexta da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e nos artigos 104 e 105 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, o Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, estableceu as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias, determinando o marco normativo da colaboración entre ámbalas dúas institucións mediante a subscrición dos oportunos concertos que garantirían os obxectivos docentes, asistenciais e de investigación que tiña como finalidade a citada colaboración.

A base segunda do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, regulou o procedemento de elaboración dos ditos concertos, para o cal encomendaba a unha comisión formada por representantes da universidade, organismos responsables da educación superior e de sanidade da Comunidade Autónoma e entidade xestora da que dependan as entidades a concertar, a elaboración dun proxecto de concerto que, unha vez acordado entre a citada entidade xestora e a universidade, logo de informe do Consello Social, sería elevado ós órganos competentes da Comunidade Autónoma para a súa aprobación e publicación.

Ó abeiro da citada base, constituíuse unha comisión tripartita integrada polos representantes da Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que ela

borou un proxecto de concerto sobre o que recaeu acordo entre a citada universidade e o Servicio Galego de Saúde e que, elevado ó Consello Social, recibiu o informe favorable deste.

Así, con data 20 de abril de 2001, o presidente da Xunta de Galicia, o rector da USC e o presidente do Servicio Galego de Saúde subscribiron o concerto para a colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde na docencia e investigación universitarias e a asistencia sanitaria.

Procede, polo tanto ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento: por iso, o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, en virtude das facultades que lle son conferidas,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la publicación do concerto asinado entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde que se insire a continuación da seguinte disposición.

Segundo.-Este concerto entrará en vigor a partir do 1 de xullo de 2001.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

CONCERTO ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O SERVICIO GALEGO DE SAÚDE, PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS NA INVESTIGACIÓN E DOCENCIA UNIVERSITARIAS

Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galicia, F. Darío Villanueva Prieto, rector da Universidade de Santiago de Compostela, e José María Hernández Cochón, presidente do Servicio Galego de Saúde,

Expoñen:

Que a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde veñen colaborando na formación práctica dos estudiantes do eido das ciencias da saúde desde hai xa longo tempo. Esta colaboración desenvolveuse no marco do concerto que no seu día asinaron o delegado general do Instituto Nacional de Previsión, e o rector da USC para a cooperación entre o daquela Hospital Clínico da Facultade de Medicina e a Seguridade Social.

O lexislador, consciente da importancia que ten o ensino práctico para as disciplinas integradas no eido das ciencias da saúde, e da necesidade de que aquela se integre nas estructuras e servicios do sistema sanitario articulou unha serie de previsións básicas para garanti-lo nivel práctico da docencia nos estudios que a integran.

A disposición adicional sexta da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, encomendou ó Goberno que establecese as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades

e as institucións sanitarias nas que se deba impartir ensino universitario e outras que así o esixiran.

O artigo 104 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, garantiu a dispoñibilidade da estructura asistencial do sistema sanitario para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada dos profesionais, e remitiu ás administracións públicas competentes en educación e sanidade o establecemento do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias nas que se deba impartir ensino universitario, para os efectos de garanti-la docencia práctica da medicina e enfermería e outras ensinanzas que así o esixiran.

Así mesmo, o artigo 105 da Lei xeral de sanidade, preveu a posibilidade de establece-la vinculación de determinadas prazas asistenciais das institucións sanitarias con prazas docentes dos corpos dos profesores de universidade, no marco da planificación asistencial e docente das administracións públicas e do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias.

En cumprimento dos mandados anteriores, o Goberno dictou o Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, polo que se estableceron as bases xerais do réxime sobre concertos entre as universidades e as institucións sanitarias e outra normativa de concordante aplicación, a Orde do 31 de xullo de 1987, pola que se estableceron os requisitos das institucións sanitarias que aspiren a ser concertadas coas universidades en virtude do cal procede levar a cabo este concerto.

No mesmo prevense os seus obxectivos xerais e o réxime de colaboración entre a USC e as institucións sanitarias que se concertan, de acordo cos principios xerais de participación, coordinación e eficacia respecto do servicio público que constitúa o seu obxecto, isto é, a busca da mellor preparación dos futuros profesionais do eido das ciencias da saúde, e a busca da súa excelencia, a adecuada asistencia sanitaria e a potenciación da investigación precisa para o desenvolvemento das referidas ciencias a favor do benestar social no eido da saúde.

De acordo con estes presupostos, establécense as seguintes especificacións:

Primeira.-Obxectivos xerais.

Sinálanse como obxectivos xerais deste concerto os seguintes:

1. Docentes:

a) Promove-la máxima utilización dos recursos humanos e materiais de atención especializada e atención primaria que se concertan para a docencia universitaria das diversas ensinanzas sanitarias no nivel de pregrao e posgrao, favorecendo a súa actualización e a continua mellora de calidade.

A colaboración estará orientada á formación clínica e sanitaria dos alumnos de calquera dos estudios de pregrao e posgrao naquelas titulacións ou materias relacionadas coas ciencias da saúde. No caso

de estudios de terceiro ciclo, esta formación estenderase á metodoloxía e ás técnicas da investigación sanitaria.

b) Cooperar no mantemento da cualificación dos profesionais da saúde ó seu máis alto nivel, coidando da súa actualización e reciclaxe e favorecendo a súa incorporación á docencia universitaria.

2. Asistenciais:

a) Cooperar para que as investigacións e ensinanzas universitarias relacionadas coas ciencias da saúde poidan ser utilizadas para a mellora constante da atención sanitaria, preservando en todo momento a unidade de funcionamento asistencial das institucións sanitarias.

b) Prever que coincidan a maior calidade asistencial coa consideración de hospital universitario e institucións asociadas á universidade, dentro do oportuno sistema de sectorización e rexionalización da asistencia sanitaria.

3. De investigación.

a) Potencia-la investigación das ciencias da saúde, coordinando as actividades da Universidade de Santiago de Compostela coas das institucións sanitarias para unha mellor utilización dos recursos humanos e materiais.

b) Favorece-lo desenvolvemento dos departamentos universitarios nas áreas da saúde, potenciando a súa coordinación coas unidades de investigación dos hospitais e demais institucións santiarias, estimulando as vocacións investigadoras.

Segunda.-Para a consecución dos obxectivos definidos neste concerto, deberá alcanzarse unha plena e adecuada coordinación entre os diferentes servicios ou unidades asistenciais e os correspondentes departamentos universitarios, favorecendo, por un lado, a incorporación de profesionais sanitarios á docencia universitaria e, doutro, a de profesores universitarios das áreas de coñecementos relacionadas coas ciencias da saúde a actividades docentes, asistenciais e investigadoras dos centros sanitarios concertados. Así mesmo, proveerase, de forma progresiva e de acordo ás actividades desenvolvidas, a necesaria dotación de recursos persoais e materiais e estableceranse fórmulas de motivación e incentivación profesional.

Terceira.

1. En cumprimento do artigo 4 do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, terá a consideración de hospital universitario:

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

2. Así mesmo, terán a consideración de servicio de atención primaria asociado:

S.A.P. Vite.

S.A.P. As Fontiñas.

S.A.P. Concepción Arenal.

3. Estes centros, no que se refire a actividades docentes e investigadoras, actuarán en coordinación cos departamentos universitarios ós que se vinculen.

Cuarta.-Para os fins do presnete concerto poderá outorgarse a consideración de hospitais e/ou centros asociados ás institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, en función dos recursos e dispoñibilidades existentes en cada momento, en atención ás necesidades docentes, investigadoras e asistenciais.

Quinta.

1. Dentro do mes seguinte á aprobación deste concerto, constituirase unha comisión mixta Universidade de Santiago (USC)-Sergas para interpretar e velar polo seu cumprimento, segundo prevé o artigo 4, base sexta, do Real decreto 1558/1986.

2. A comisión mixta estará composta por un total de dez membros, que actuarán en representación da Universidade de Santiago de Compostela e do Servicio Galego de Saúde, en idéntica proporción por cada unha das entidades concertantes.

3. A composición da comisión mixta será a seguinte:

a) Por parte da USC:

-Rector ou persoa en quen delegue.

-Decano da facultade de medicina.

-Tres membros da universidade designados polo rector.

b) Por parte do Sergas:

-Presidente do Servicio Galego de Saúde ou persoa en quen delegue.

-Director xeral de Asistencia Sanitaria.

-Director xeral de Recursos Económicos.

-Director xeral de Recursos Humanos.

-Xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Se, por razón da modificación da estructura orgánica do Sergas, se alterase a actualmente vixente, a composición da comisión mixta adaptarase correlativamente á nova estructura orgánica que se cree.

Cada membro, agás o rector e o presidente do Sergas, terá os seus respectivos suplentes, que serán designados pola máxima autoridade de cada unha das administracións representadas e debidamente notificadas á comisión mixta.

Cando os asuntos que se vaian tratar na orde do día afecten o resto de centros concertados, deberá ser convocado á reunión o director xerente deles, e neste caso terá voz e voto nos asuntos que o afecten, respectando a composición numérica da dita comisión.

4. O regulamento interno de funcionamento será aprobado no prazo de seis meses desde a súa constitución.

5. A comisión mixta reunirase con carácter ordinario cada semestre e con carácter extraordinario cando o decida o presidente, por propia iniciativa ou por instancia de, polo menos, tres dos seus membros.

En todo caso, para a válida constitución, esixirase, logo de convocatoria, a asistencia, como mínimo, da maioría simple de cada unha das partes.

6. Para a válida adopción de acordos, unha vez constituída, requirirase, como regra xeral, o voto favorable de oito dos seus membros, salvo que neste concerto ou no regulamento de réxime interno, expresamente, se determine outra cousa.

7. Actuará como presidente da comisión mixta o rector da universidade ou persoa en quen delegue ou o presidente do Sergas ou persoa en quen delegue, de forma alternativa, con carácter anual, desde a data da súa constitución.

A presidencia incial será exercida polo rector da USC.

Son funcións do presidente:

a) Convoca-las reunións da comisión mixta.

b) Sinala-la orde do día.

c) Dirixir e modera-las reunións.

d) Velar polo cumprimento dos acordos que se adopten no seo da comisión.

e) Cursa-la invitación a expertos, cando se acorde a súa participación para os efectos de seren oídos en materias nas que, por estimalo así a comisión mixta, se considere necesario o seu asesoramento.

8. O presidente será asistido por un secretario de actas con voz pero sen voto, que será persoal funcionario ou estatutario da Administración sanitaria, nomeado pola comisión mixta, segundo proposta do Sergas e logo de informe desta ó rector.

A comisión mixta determinará por acordo a sede da secretaría.

A secretaría custodiará toda a documentación que se desprenda da tarefa da comisión mixta e fará chega-los acordos adoptados ás partes afectadas.

9. Serán competencias da comisión mixta as seguintes:

a) Velar polo cumprimento do concerto, tendo en conta a estructura departamental prevista na LRU, Lei xeral de sanidade e nos estatutos da USC, así como a estructura funcional das institucións sanitarias, favorecendo, en todo caso, o normal desenvolvemento das actividades asistenciais e a correcta aplicación dos programas docentes e de investigación.

b) Establecer fórmulas de coordinación entre actividades asistenciais, docentes e investigadoras, coordina-la organización das prácticas clínicas de pregrao e posgrao, respectando as competencias da universidade e das institucións sanitarias na planificación e organización dos seus servicios e unidades, e a prestación do servicio de asistencia sanitaria.

c) Sen prexuízo das competencias atribuídas legal e regulamentariamente ós órganos respectivos, correspóndelle á comisión mixta adopta-los acordos sobre propostas de vinculación de prazas. Así mesmo, a comisión mixta poderá elaborar informes e estudios relativos á necesidade de reducir ou amplia-lo número de prazas vinculadas e de profesor asociado destinadas ó persoal de institucións sanitarias concertadas, así como analiza-los informes que os departamentos universitarios emitan ó respecto. A comisión mixta poderá cursar propostas de modificación deste cadro de persoal ós órganos competentes na materia.

d) Designa-los membros da comisión de investigación que coordinará as actividades das comisións de investigación dos centros asociados.

e) Propoñer anualmente, dentro dos límites orzamentarios, as cantidades destinadas a cofinancia-las infraestructuras ou requirimentos mínimos para a investigación e o seu mantemento.

f) Elaboración de informes sobre o número de alumnos que deban de acceder ás carreiras sanitarias da USC en función das necesidades asistenciais do sector, sen prexuízo da competencia de proposta da Universidad de Santiago de Compostela ó Consello de Universidades.

g) Propoñer, oída a comisión de investigación, a colaboración e actuación conxunta na investigación e desenvolvemento naquelas áreas que se consideren estratéxicas e prioritarias no ámbito deste concerto.

h) Propoñer e promove-la implantación daquelas innovacións no campo da saúde que esixan esforzos conxuntos de ámbalas dúas institucións ou que, polo seu custo ou outras razóns, deban limitarse a centros cualificados da rede, sen prexuízo das competencias que en materia de custo e investimentos atribúa a lexislación vixente ós órganos respectivos.

i) Sen prexuízo das competencias que en materia de persoal corresponda a cada Administración, a comisión mixta supervisará o réxime de prestación de servicios e as condicións de dedicación profesional dos profesores vinculados e asociados, respectando sempre a súa dedicación docente, asistencial e de investigación, podendo establecer fórmulas de coordinación entre as tres actividades, sen que implique menoscabo de ningunha delas, atendendo ó carácter singular da actividade docente-asistencial.

j) Promove-lo desenvolvemento conxunto dunha biblioteca de ciencias da saúde unindo recursos das administracións implicadas co fin de satisface-las

necesidades dos profesionais asistenciais, docentes e investigadores.

k) Establecer, oída a comisión de dirección da institución, a forma de acceso e participación nos servicios das institucións concertadas, do persoal académico da universidade que, sen pertencer ó cadro das ditas institucións, necesite intervir nos referidos servicios por razón da súa actividade docente ou investigadora, no marco dun proxecto concreto, e sempre baixo a autorización da dirección do centro.

l) Propoñer ás autoridades competentes as modificacións do concerto que se estimen convenientes.

m) Interpretación deste concerto, sen que en ningún caso poida introducir alteracións nel. Os acordos que se adoptaran vulnerando está regra serán nulos de pleno dereito.

n) Calquera outra establecida neste concerto.

Sexta.

1. As institucións comprométense a coordinaren as actividades de investigación que realicen os departamentos universitarios e os servicios sanitarios concertados, de acordo co establecido na Lei de reforma universitaria e na Lei xeral de sanidade. Ámbalas dúas institucións comprométense a garanti-lo dereito e a obriga de realiza-las actividades de investigación que son inherentes á condición de profesores universitarios. En particular:

a) Promoveranse plans de investigación conxunta nas áreas das ciencias da saúde, elaborándose, de común acordo, por parte das institucións concertantes.

b) Promoverase a formación de equipos de investigación integrados por persoal de ámbalas dúas institucións.

c) Facilitarase a utilización conxunta dos recursos humanos, materiais e institucionais destinados á investigación en cada institución.

d) Garantirase a organización de servicios básicos comúns de apoio á investigación.

e) Establecerase un sistema de intercambio de información sobre as actividades de investigación que se desenvolvan, os inventarios de medios materiais e instrumentais de que se dispoña, a producción científica que se xere, os programas de financiamento que se obteñan e calquera outra información que permita unha maior coordinación e cooperación entre as institucións concertantes.

2. A comisión de investigación estará integrada por cinco profesores numerarios da área de ciencias da saúde por proposta da USC, e cinco profesores doutores con funcións asistenciais, por proposta do Sergas. Tódolos membros estarán en posesión do grao de doutor.

Garantirase a representación na dita comisión dos responsables das comisións de investigación dos

centros ou institucións concertadas ou que no futuro se adscriban ó ámbito deste concerto.

A comisión de investigación estará presidida por un profesor-doutor con funcións asistenciais, nomeado polo Sergas, de acordo co rector da universidade, por un período máximo de catro anos.

3. Para a válida constitución da comisión de investigación esixirase, logo de convocatoria, a asistencia, como mínimo, da maioría simple de cada unha das partes.

Para adopción de acordos, unha vez constituída, requirirase como regra xeral o voto favorable de oito dos seus membros, agás que expresamente se determine outra cousa.

4. O presidente estará asistido por un secretario de actas, persoal da administración sanitaria, nomeado polo Sergas logo de informe do rector. O secretario non terá a condición de membro da comisión.

O secretario de actas custodiará toda a documentación que se desprenda da tarefa da comisión de investigación e fará chega-los acordos adoptados ás partes afectadas.

5. Serán funcións da comisión de investigación:

a) Confeccionar e supervisa-lo inventario dos recursos e necesidades de investigación.

b) Realiza-lo seguimento da actividade investigadora no ámbito deste concerto.

c) Articular fórmulas de coordinación da actividade investigadora desenvolvida nos distintos centros concertados.

d) Elaborar unha memoria anual da actividade desenvolvida, do grao de execución do orzamento e dos traballos realizados que será presentada ante a comisión mixta

e) Avalia-los programas e traballos científicos que se propoñan para o seu financiamento con cargo ós fondos derivados do disposto na alínea e) do parágrafo 9 da cláusula quinta, emitindo os correspondentes informes técnicos e económicos.

f) Deseña-las liñas básicas da investigación biosanitaria.

g) Propoñerlle á comisión mixta os programas concretos de investigación que se considere necesario desenvolver no ámbito deste concerto.

h) Propoñer e promove-la integración de departamentos de ciencias básicas da saúde nos proxectos de investigación que se considere oportuno.

i) Colaborar e facilita-la información recíproca da política de bolsas e proxectos de investigación que leven a cabo as institucións incluídas no ámbito deste concerto.

j) Propoñe-la participación e colaboración dos profesores de departamentos básicos coas unidades de investigación dos centros concertados.

k) Propoñe-la adscrición temporal ás unidades de investigación da USC de profesionais sanitarios non vinculados nin asociados de acordo coa normativa de aplicación na USC.

l) Sen prexuízo das atribucións encomendadas ó comité ético, corresponderalle o seguimento dos programas de investigación co fin de que se axusten ás normas éticas e deontolóxicas contidas no Real decreto 561/1993, do 16 de abril, polo que se establecen os requisitos para a realización de ensaios clínicos con medicamentos.

m) Propoñe-la colaboración con outros proxectos de investigación.

6. Co fin de facilita-la xeración de equipos conxuntos de investigación, e sen prexuízo do cumprimento das tarefas docentes e asistenciais que lles correspondan ós profesores asociados e colaboradores pertencentes ós servicios concertados, as institucións concertadas recoñécenlles:

a) A capacidade de acceso ós medios materiais, instrumentais e institucionais de investigación en igual medida có persoal propio.

b) O dereito a accederen ás fontes de financiamento da investigación das institucións concertadas.

7. Os bolseiros das institucións concertantes poderán realiza-lo seu traballo de investigación indistintamente en calquera delas en función das necesidades do seu programa de acordo coas normas dos departamentos e servicios. Os bolseiros dos servicios concertados poderán ser equipados como bolseiros da universidade, de acordo coa normativa e as condicións que estableza a USC.

8. A comisión de investigación regulada nesta cláusula, constituirase no prazo de seis meses desde a constitución da comisión mixta.

Sétima.-O Servicio Galego de Saúde garantirá que as institucións sanitarias concertadas reúnan os requisitos que, tal e como se sinala na base 3 do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, deben reuni-las institucións, de conformidade co establecido na Orde do 31 de xullo de 1987 ou norma que a substitúa.

Oitava.-Para a axeitada harmonización dos obxectivos asistenciais, docentes e investigadores, as institucións sanitarias facilitarán á universidade, de acordo coas súas dispoñibilidades, as infraestructuras necesarias segundo as recomendacións da normativa vixente sobre necesidades docentes e investigadoras que deben ser atendidas polas institucións sanitarias concertadas.

Novena.-Nas institucións sanitarias poderase impartir docencia de forma descentralizada procurándose a coordinación harmónica entre a planificación asistencial e a planificación docente dos centros e departamentos universitarios.

Xa que é obxectivo garanti-la axeitada formación dos estudiantes, axustarase a distribución deles en

cada institución sanitaria ós seus recursos docentes e asistenciais.

Décima.

1. Co fin de garanti-los obxectivos docentes e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela nas áreas relacionadas coas ciencias da saúde, de conformidade co previsto no artigo 105 da Lei xeral de sanidade, establécense neste concerto as prazas das institucións sanitarias dependentes do Sergas que quedarán vinculadas con prazas docentes do cadro de persoal dos corpos de profesores da Universidade de Santiago de Compostela, tal e como se recolle no anexo II.

Mentres teñan tal carácter, as ditas prazas consideraranse para tódolos efectos como un só posto de traballo e supoñerán para os que as ocupen, o cumprimento das funcións docentes e asistenciais nos termos establecidos no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño.

2. Cando un titular de praza vinculada cesase na súa actividade por calquera motivo, perdendo a dita titularidade, a comisión mixta adoptará acordo expreso para manter ou non a vinculación da praza e a necesidade da súa cobertura como tal.

De manterse esta, a vinculación entenderase no nivel básico asistencial da praza.

3. En caso de existiren prazas vacantes, a comisión mixta poderá adoptar un acordo motivado de vinculación de prazas, procurando a correspondencia entre a praza docente e asistencial. O acordo de vinculación realizarase sempre en relación co nivel básico de cada praza asistencial. Calquera acordo que contraveña este mandado será nulo de pleno dereito.

4. A convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura das prazas vinculadas será efectuada conxuntamente por ámbalas dúas institucións e irá asinada polo rector da universidade, sendo este responsable da súa execución e toma de posesión.

As convocatorias de prazas vinculadas realizaranse de conformidade co establecido no Real decreto 1558/1986.

5. De conformidade co establecido no real decreto citado e disposición adicional décimo cuarta da Lei 30/1999, sen prexuízo da provisión das prazas vinculadas na forma descrita no parágrafo anterior, o acceso ós postos de carácter directivo e de xefatura de unidade nas institucións sanitarias realizarase polos procedementos establecidos legal e regulamentariamente pola normativa estaturaria de aplicación. Sen prexuízo da adscrición funcional do candidato seleccionado á praza convocada, en todo caso, manterase a vinculación no nivel básico da praza asistencial.

A cobertura das prazas de catedrático de universidade realizarase polo procedemento que a Universidade de Santiago de Compostela determine e resolverase de acordo co artigo 38 da Lei orgánica

11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria. Cando un profesor ocupe unha praza vinculada e acceda por concurso a unha praza docente de categoría superior, na mesma área de coñecemento á que estaba adscrito, manterase a situación da praza asistencial vinculada.

En todo caso, informarase a comisión mixta da provisión dos referidos postos.

Décimo primeira.

1. Atendendo ó disposto no artigo 105 da Lei xeral de sanidade e Real decreto 1558/1986, as prazas de profesor asociado de ciencias da saúde pertencentes ó cadro de persoal da universidade, con actividade docente nas institucións sanitarias dependentes do Sergas, serán cubertas obrigatoriamente por persoal delas. A determinación das prazas de profesor asociado con actividade docente nas institucións sanitarias corresponderá á comisión mixta, sen prexuízo das competencias que teñan os órganos correspondentes de cada Adminstración en materia de fixación de cadros de persoal.

2. A universidade, por proposta da comisión mixta USC-Sergas, logo de informe da Xunta de Goberno da USC, convocará anualmente as prazas de profesores asociados referidas no punto anterior, cos seus correspondentes perfís, destinos e criterios de selección.

3. A duración destes contratos será dun curso académico, renovable anualmente tralo informe favorable do departamento responsable da docencia. As condicións destes contratos e as da súa renovación serán as que esixe a normativa vixente e os estatutos da USC.

4. Os profesores asociados cesarán como tales cando, por calquera motivo, causen baixa na praza asistencial correspondente.

5. Cando algún dos profesores asociados acceda a unha praza vinculada mediante a superación do proceso selectivo que corresponda, resolveranse os contratos por razón da nova situación.

6. Co fin de que os servicios e unidades hospitalarias concertadas, relacionados no anexo I, teñan a conveniente participación nas actividades docentes e investigadoras, a Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá a cada un dos servicios e unidades asistenciais que á entrada en vigor deste concerto non dispoñan de persoal docente, polo menos un contrato de profesor asociado nas mesmas condicións que para o resto destes profesores, a partir do momento en que o servicio se incorpore á docencia universitaria, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan.

Duodécima.

1. Seguindo o establecido na base 10 do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, a Universidade de Santiago de Compostela, por proposta da comisión mixta universidade-Sergas, establecerá un número de axudantes de ciencias da saúde (ACS) no seu

cadro de persoal, que se cubrirán mediante concurso público entre aqueles profesionais das ciencias da saúde co título de especialista que se correspondan coa área de coñecemento do departamento que proceda, de acordo coa normativa vixente. O axudante non terá relación xurídica ningunha co Sergas. En consecuencia, este organismo non contraerá ningunha obriga xurídica, económica nin doutro tipo.

2. A ocasional tarefa asistencial que poida realiza-lo dito persoal levarase a cabo logo de autorización do xerente do centro, de acordo coa normativa vixente e as decisións que adopte a comisión mixta.

Décimo terceira.

1. Sen prexuízo da normativa vixente establecida pola USC, a eventual incorporación de profesionais en condición de visitantes á institución sanitaria por iniciativa dun departamento universitario realizarase, logo de comunicación á comisión mixta, de conformidade coa normativa vixente en materia de ordenación das profesións sanitarias e pola propia da administración sanitaria receptora sobre acceso ós servicios e unidades asistenciais das súas institucións.

2. De acordo coas directrices xerais do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, segundo as cales todo servicio concertado serao na súa totalidade, todo facultativo ou enfermeiro ou calquera outro profesional que de forma habitual participe na docencia universitaria, poderá te-lo correspondente recoñecemento da universidade como colaborador, de cumpri-los requisitos e condicións que determine a comisión mixta. Ademais, este recoñecemento poderase consignar nas súas publicacións ou comunicacións científicas.

Os ditos colaboradores desenvolverán o seu labor docente sen detrimento do seu labor asistencial. Esta actividade non determinará relación contractual coa USC nin obriga de aboamento de retribucións.

Décimo cuarta.

1. O persoal que ocupe unha praza vinculada desenvolverá o conxunto de funcións docentes, asistenciais e de investigación nunha mesma xornada co réxime de dedicación conxunta e distribución horaria que estableza a normativa vixente.

As diverxencias que puideran xurdir na planificación e desenvolvemento desta xornada serán dirimidas pola comisión mixta, que terá en conta, en todo caso, as necesidades da programación asistencial ós usuarios como criterio de ordenación, sen prexuízo do axeitado desenvolvemento da actividade docente para a ineludible harmonización.

Así mesmo, a comisión mixta establecerá os criterios para a ordenación da actividade dos profersores asociados de forma que se eviten as interferencias entre a actividade docente e a asistencial, tendo en conta a especificidade do persoal docente que estea suxeito a quendas no exercicio da súa actividade asistencial.

2. Os profesores que desempeñen praza vinculada terán os dereitos e deberes inherentes á súa condición de membros dos corpos docentes universitarios e de persoal sanitario de réxime correspondente. As competencias administrativas en materia de situacións administrativas, incompatibilidades, etc. corresponden, sen prexuízo da coordinación necesaria entre ámbalas dúas institucións, ó rector da USC.

Para os PACS, estas competencias corresponderán ó órgano respectivo das institucións sanitarias, sen prexuízo da alegada coordinación coa USC.

3. De conformidade co establecido na base décimo terceira do Real decreto 1558/1986, modificada polo Real decreto 1652/1991, o persoal que ocupe praza vinculada percibirá as súas retribucións nunha única nómina, que será aboada pola USC.

4. O persoal sanitario que desenvolva funcións docentes no hospital ou calquera outro centro concertado deberá cumpri-la normativa de funcionamento establecida en cada momento polos seus órganos directivos.

5. A aplicación do réxime disciplinario correspondente, en cada caso ás funcións docentes e asistenciais, tanto o persoal que desempeña praza vinculada como ó sanitario que exerza funcións como profesor asociado, farase de acordo co establecido na lexislación vixente.

Da incoación dun expediente disciplinario e da súa resolución por calquera das administracións públicas darase oportuna comunicación á outra, na medida en que puidera resultar afectada.

Décimo quinta.

1. A Universidade de Santiago de Compostela, de acordo co establecido na base undécima do artigo 4 do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, comprométese a reservar, como mínimo, o 25 por cento de prazas nos seus programas de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde para o persoal sanitario das institucións concertadas, xa sexa para facultativos con contrato docente de posgrao (MIR), xa de cadro de persoal e, en todo caso, organizar programas de doutoramento específicos para as ditas institucións.

Con este mesmo fin, a universidade, de acordo coa súa normativa, poderá validar cursos e seminarios asignándolle-los créditos que correspondan nos respectivos programas de doutoramento. Así mesmo, establecerá módulos de validación de créditos para os facultativos con contratos docentes de posgrao.

Décimo sexta.

1. Os estatutos da USC incluirán a participación dun representante do Sergas na Xunta de Goberno da universidade cando se traten temas relacionados con este concerto.

En tanto non se proceda a modifica-los estatutos no indicado sentido, o rector da USC invitará a asistir a un representante do Sergas na Xunta de Goberno cando se traten temas relacionados con este concerto.

2. A participación da USC no órganos de dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en tanto non se modifique a súa estructura orgánica, garantirase polo desempeño da Subdirección Operativa de Investigación e Docencia por un profesor con praza vinculada e/ou profesor asociado con praza asistencial, nos termos do Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, designado polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais por proposta do rector, durante un período de dous anos, prorrogables por acordo expreso.

A USC designará, logo de informe ó Sergas, os coordinadores da docencia universitaria para cada curso académico nas institucións asociadas a este concerto. Os ditos coordinadores serán nomeados entre os profesores da USC que presten servicios na respectiva institución sanitaria. Estes coordinadores terán voz e voto na comisión de dirección cando os asuntos que se traten afecten a docencia que a USC desenvolve no centro.

Décimo sétima.

1. As actividades lectivas normais, como poden se-las clases, seminarios ou outras modalidades de ensino teórico, poderán ter lugar nas dependencias do hospital. Estas dependencias poderán tamén utilizarse para actos administrativos ou académicos propios da actividade universitaria e hospitalaria, logo de autorización da dirección do centro. En calquera caso, a dispoñibilidade das dependencias para actividades que non sexan lectivas e/ou asistenciais nunca poderá interferir no desenvolvemento normal dos programas, docentes e da actividade asistencial.

2. As dependencias propias das institucións concertadas que, de acordo con este concerto, serán empregadas pola USC para as actividades docentes da práctica clínica, son tódalas dependencias da área asistencial, coas limitacións propias das normativas de funcionamento interno do centro. O acceso dos estudiantes a estas áreas regulamentarao e determinarao a comisión mixta, oída a dirección do centro.

Décim oitava.-Así mesmo, os estudiantes que reciban as súas ensinanzas nunha institución concertada deberán someterse ás regras de funcionamento e disciplina tanto da institución como da universidade.

Décimo novena.

1. As partes concertantes comprométense a promoveren a constitución e funcionamento dunha biblioteca conxunta de ciencias da saúde, co obxecto de poderen satisface-las necesidades docentes, asistenciais e de investigación dos profesores, alumnos e persoal das institucións sanitarias. A sede desta biblioteca estará nas dependencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Esta biblioteca encadraríase na rede de bibliotecas de Galicia cun sistema unificado promovido pola Xunta de Galicia.

Ata a existencia da dita biblioteca única, garántese a utilización das bibliotecas existentes nos centros asistenciais docentes para as necesidades antes expostas, así como as da USC. Ámbalas dúas institucións asegurarán, entre tanto, a dotación e mantemento das súas respectivas bibliotecas.

2. Igualmente o Sergas posibilitará a utilización do estabulario/animalario para ós fins docentes e de investigación, por parte da USC, nos termos que autorice a dirección do centro.

Vixésima.-Co fin de evita-la duplicidade do espacio destinado ó desenvolvemento das actividades do persoal que desempeñe funcións docentes e asistenciais, dotarase os profesores dun único despacho na sede da institución na que desenvolva a dita actividade a maior parte do tempo, na medida en que llo permitan as dispoñibilidades das respectivas institucións. Para tal efecto a comisión mixta adoptará acordo sobre os criterios de distribución de espacios.

Vixésimo primeira.-A atribución da titularidade do material inventariable existente nos centros concertados así como o que desde agora poidan adquirir unha ou outra parte corresponderá á institución que o adquira.

Os criterios para o investimento no financiamento das obras que se realicen, así como para a amortización e imputación de custos serán establecidos mediante acordo da comisión mixta, para cada actuación concreta.

Vixésimo segunda.-A contribución do Servicio Galego de Saúde ós custos de persoal derivados deste concerto realizarase conforme os criterios de financiamento e compensación orzamentaria seguintes:

a) En consonancia cos termos de dedicación de xornada laboral dos profesionais ás tarefas asistenciais que se establecen neste concerto, o Servicio Galego de Saúde achegará a contía resultante de aplica-la porcentaxe do setenta por cento sobre os conceptos retributivos fixos e periódicos que non teñan carácter persoal, establecidas na normativa retributiva do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

b) Así mesmo, o Servicio Galego de Saúde achegará a contía resultante de aplica-la porcentaxe do tres con corenta por cento (3,40%) sobre o importe obtido, conforme o disposto na alínea a) anterior, en concepto de compensación polos desaxustes financeiros que na dita contribución se poidan producir.

c) Ademais das cantidades resultantes da aplicación do previsto na alínea anterior, o Sergas transferirá á universidade, para a súa acreditación en nómina, as cantidades que correspondan en concepto de incentivos ó rendemento, conceptos derivados da antigüidade que fosen recoñecidos polo Sergas ou aqueles que procedan pola participación dos pro

fesionais en quendas de garda, atención continuada ou en programas especiais de natureza asistencial, nos termos establecidos para o persoal estatutario do Sergas.

d) O Sergas financiará á universidade o cincuenta por cento do custo empresarial das cotizacións ó réxime xeral da Seguridade Social do persoal que desempeñe praza vinculada que, conforme a normativa de aplicación, quede incluído no dito réxime.

Vixésimo terceira.

1. De acordo co establecido na cláusula anterior, o Sergas transferirá mensualmente as cantidades que se determinen en concepto de compensación.

Para iso, o Sergas, procederá da seguinte forma:

a) O Sergas remitirá antes do día 10 de cada mes á USC certificacións acreditativas tanto da execución do concerto relativa ó período mensual de referencia, para os efectos do financiamento establecido nas alíneas a), b) e d) da cláusula vixésimo segunda como das cantidades devengadas polas incidencias referidas na alínea c) da dita cláusula vixésimo segunda correspondentes ó mes anterior, todo isto para os efectos da correcta elaboración da nómina por parte da USC.

b) Simultaneamente o Sergas adoptará as medidas necesarias para formaliza-la transferencia das cantidades correspondentes a cada mensualidade, conforme os termos de financiamento establecido na cláusula vixésimo segunda e os datos que constan nas certificacións ás que se fixo referencia na alínea a) anterior.

c) Por períodos trimestrais procederase á liquidación das diferencias entre as cantidades transferidas en cada trimestre e ó gasto relativo ás retribucións correspondentes pola actividade asistencial do persoal que desempeñe as prazas vinculadas no dito período.

Esta liquidación aboarase ou descontarase no pagamento mensual inmediato seguinte a ela.

2. O importe correspondente ás obrigas que, como consecuencia deste concerto deba asumi-lo Sergas, imputarase con cargo á aplicación 2223 15 71 440.0 prazas vinculadas do orzamento de gastos do Sergas.

Vixésimo cuarta.-A duración deste concerto establécese por un prazo de cinco anos. Sen embargo, os termos deste acordo poden ser revisados por petición de calquera das dúas partes, ben que as modificacións que se propoñan terán que ser acordadas antes do 30 de xuño de cada ano e non serán efectivas ata o curso seguinte, salvo que se acorde o contrario.

Seis meses antes de que expire a duración do concerto as institucións asinantes terán que decidir respecto da súa prórroga, renegociación ou o seu remate, en caso de non se chegar a un acordo considerarase automaticamente prorrogado ata o establecemento dun acordo.

Disposición adicional

O importe estimado correspondente á achega do Servicio Galego de Saúde será no exercicio 2001 de 240.000.000 de pesetas, computadas desde a data da entrada en vigor ata o 31 de decembro de 2001.

Disposicións transitorias

Primeira.-Co fin de garanti-lo ensino universitario, asegúrase a continuidade da docencia correspondente á licenciatura de medicina, nas condicións que estableza a comisión mixta, naquelas institucións nas que a USC a vén desenvolvendo, de acordo coa normativa legal e regulamentariamente vixente.

Segunda.-Serán prazas vinculadas as que á entrada en vigor deste concerto estean desempeñadas por profesores pertencentes ós corpos docentes da USC, que viñesen desempeñando labores asistenciais con anterioridade á súa formalización.

Sen prexuízo do nivel da praza asistencial que actualmente desempeñen os profesionais, as prazas quedarán vinculadas, con carácter xeral, no seu nivel básico asistencial.

Non obstante o anterior, cando o profesional acredite a titularidade dunha praza asistencial de nivel superior mediante o correspondente nomeamento definitivo, a vinculación realizarase co nivel da praza asistencial da que sexa titular.

O carácter da praza vinculada e o seu nivel de vinculación manterase como tal durante o período de tempo en que a dita praza sexa desempeñada polo facultativo que en orixe a motivou a mesma.

Terceira.

1. en prexuízo do disposto na cláusula anterior, no prazo dos tres meses seguintes á publicación deste concerto, os profesionais relacionados no anexo II que non desexasen prestar servicios en réxime de vinculación, poderán exerce-lo dereito de opción por unha das dúas prazas que ata agora viñan desempeñando, quedando na outra, se así correspondese, na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade.

2. Así mesmo, os profesionais que á entrada en vigor deste concerto desempeñasen unha praza docente e outra asistencial, que non resulten vinculadas por mor do mesmo, deberán exerce-la opción por unha das dúas, se así correspondese, nos termos establecidos pola normativa reguladora do réxime de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

Disposición derradeira

Este concerto entrará en vigor a partir do primeiro día do mes seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente da Xunta de Galicia

José María Hernández CochónDarío Villanueva Prieto

Presidente do ServicioRector da Universidade

Galego de Saúdede Santiago de Compostela

ANEXO I

Servicios e/ou unidades que se concertan e departamentos ou áreas de coñecemento con que se relacionan

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servicio e/ou unidadeÁreas de coñecemento

* Área asistencial de medicina
Medicina internaMedicina
NeuroloxíaMedicina
NefroloxíaMedicina
Aparello dixestivoMedicina
Oncoloxía médicaMedicina
ReumatoloxíaMedicina
Endocrinoloxía, nutrición e dietéticaMedicina
CardioloxíaMedicina
PneumoloxíaMedicina
Hematoloxía clínicaMedicina

* Área asistencial de cirurxía
Cirurxía xeral e aparello dixestivoCirurxía
Traumatoloxía e ortopediaCirurxía
UroloxíaCirurxía
NeurocirurxíaCirurxía
Cirurxía vascularCirurxía
Cirurxía cardíacaCirurxía
Cirurxía plásticaCirurxía
Cirurxía maxilofacialCirurxía. Estomatoloxía
Cirurxía torácicaCirurxía

* Área asistencial médico-cirúrxica
Dermatoloxía médico-cirúrxicaDermatoloxía médicocirúrxica-Veneroloxía
OtorrinolaringoloxíaOtorrinolaringoloxía
OftalmoloxíaOftalmoloxía. Fisioloxía
OdontoestomatoloxíaEstomatoloxía

* Área asistencial materno-infantil
Obstetricia e xinecoloxíaObstetricia e xinecoloxía
Pediatría e as súas áreas específicas.Pediatría
Cirurxía pediátricaPediatría

* Área asistencial de saúde mental
PsiquiatríaPsiquiatría. Personalidade, avaliación e tratamento psicolóxico

* Área asistencial de servicios centrais e

comúns

Laboratorios centraisBioquímica e bioloxía molecular. Fisioloxía
Anatomía patolóxicaAnatomía patolóxica. Ciencias morfolóxicas
MicrobioloxíaMicrobioloxía
Radiodiagnóstico e radioterapiaRadioloxía e medicina física
Medicina preventiva e saúde públicaMedicina preventiva e saúde pública
Neurofisioloxía clínicaFisioloxía. Ciencias morfolóxicas. Radioloxía e medicina física
Farmacia hospitalariaFarmacia e tecnoloxías

farmacéuticas

Farmacoloxía clínicaFarmacoloxía
RehabilitaciónCiencias morfolóxicas. Radioloxía e medicina física
UrxenciasMedicina. Cirurxía
Medicina nuclearFarmacoloxía. Radioloxía e medicina fisica
AnestesioloxíaFarmacoloxía. Cirurxía

* Área de coidados de enfermería
Coidados de enfermeríaEnfermería

* Área de coidados de enfermería.

Coidados de empermeríaEnfermería

Servicios de atención primaria

Os servicios de atención primaria concertados relaciónanse cos seguintes departamentos universitarios:

Medicina.

Pediatría.

Odontoloxía.

Psiquiatría.

Psicoloxía clínica e psicobioloxía.

APELIDOS E NOMECATEGORIA

UNIVERSITARIA

DEPARTAMENTO UNIVERSIDADEPRAZA PARA VINCULARESPECIALIDADE

ACUÑA CASTROVIEJO, CARLOS CATEDRATICOFISIOLOXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)NEUROFISIOLOXIA CLINICA

AGUILAR FERNANDEZ, JAIMECATEDRATICOOBSTETRICIAE XINECOLOXIAXEFE

DEPARTAMENTO (AD.PERSONAM)

OBSTETRICIA E XINECOLOXIA

ALONSO MARTINEZ, M. PILARPROF. TITULARCC. MORFOLOXICASXEFE SECCION (AD PERSONAM)REHABILITACION

ALVAREZ ESCUDERO, JULIANPROF. TITULARCIRURXIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)ANESTESIOLOXIA E REANIMACION

ALVAREZ PRECHOUS, ANGELPROF. TITULARMEDICINAXEFE SECCION (AD PERSONAM)APARELLO DIXESTIVO

BARREIRO MORANDEIRA, FRANCISCOPROF. TITULARCIRURXIAMEDICO ADXUNTOCIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO

BARROS DIOS, JUAN MIGUELPROF. TITULARPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAMEDICINA PREVENTIVA E SAUDE PUBLICA

BEIRAS IGLESIAS, ANDRESCATEDRATICOCC. MORFOLOXICASXEFE SECCION (AD PERSONAM)ANATOMIA PATOLOXICA

BERNARDEZ HERMIDA, M. ISABELCATEDRATICOMICROBIOLOXIA E PARASITOLOXIAMEDICO ADXUNTOMICROBIOLOXIA E PARASITOLOXIA

BRENLLA GONZALEZ, JULIO B.CATEDRATICO EUEENFERMERIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)PSIQUIATRIA

CABANAS GANCEDO, RODRIGOPROF. TITULARPEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICASXEFE SECCION (AD PERSONAM)ALERGOLOXIA

CABEZAS CERRATO, JOSECATEDRATICOMEDICINAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)ENDOCRINOLOXIA E NUTRICION

CAINZOS FERNANDEZ, MIGUEL ANGELCATEDRATICOCIRURXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREACIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO

CAPEANS TOME, M. DEL CARMENPROF. TITULARCIRURXIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)OFTALMOLOXIA

CASANUEVA FREIJO, FELIPECATEDRATICOMEDICINAXEFE SECCION (AD PERSONAM)ENDOCRINOLOXIA E NUTRICION

CASTILLO SANCHEZ, JOSE A.CATEDRATICOMEDICINAXEFE SECCION (AD PERSONAM)NEUROLOXIA

CASTRO GAGO, MANUELCATEDRATICOPEDIATRIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS

CASTRO GARCIA, ALFONSOPROF. TITULARMEDICINAMEDICO ADXUNTONEUROLOXIA

CES BLANCO, JOSE ANTONIOCATEDRATICO EUEENFERMERIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)OBSTETRICIA E XINECOLOXIA

COUCEIRO FOLLENTE, JOSEPROF. TITULARCIRURXIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)TRAUMATOLOXIA E CIRURXIA ORTOPEDICA

COUSELO SANCHEZ, JOSE M.PROF. TITULARPEDIATRIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS

CRESPO ABELLEIRA, ANTONIOPROF. TITULARCC. MORFOLOXICASMEDICO ADXUNTONEUROFISIOLOXIA CLINICA

CUEVAS ALVAREZ, JUANPROF. TITULARCC. MORFOLOXICASMEDICO ADXUNTOANATOMIA PATOLOXICA

DEVESA MUJICA, JESUSCATEDRATICOFISIOLOXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)BIOQUIMICA CLINICA

DOMINGUEZ SANTOS, DOLORESPROF. TITULARPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PUBLICAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAPSIQUIATRIA

FERNANDEZ LORENZO, JOSE R.PROF. TITULARPEDIATRIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS

FERNANDEZ REDONDO, PIEDAD VIRGINIAPROF. TITULARDERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIAMEDICO ADXUNTODERMATOLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA

FORTEZA VILA, JERONIMOCATEDRATICOANATOMIA PATOLOXICA E CC. FORENSESXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)ANATOMIA PATOLOXICA

FRAGA BERMUDEZ, JOSE M.PROF. TITULARPEDIATRIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS

GARCIA CABALLERO, TOMAS MODESTOCATEDRATICOCC. MORFOLOXICASFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAANATOMIA PATOLOXICA

GARCIA CIUDAD, PEDROPROF. TITULARENFERMERIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO

GARCIA GARCIA, ABELPROF. TITULARESTOMATOLOXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREACIRURXIA MAXILOFACIAL

GARCÍA RIESTRA, CARLOS (*)POF. TITULARMICROBIOLOXÍAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAMICROBIOLOXIA

GARCIA SOTO, NICOLASPROF. TITULARDERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)OTORRINOLARINGOLOXIA

GARCIA-BENGOECHEA GONZALEZ-MORO, B.PROF. TITULARCIRURXIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)CIRURXIA CARDIOVASCULAR

GELABERT GONZALEZ, MIGUELPROF. TITULARCIRURXIAMEDICO ADXUNTONEUROCIRURXIA

GESTAL OTERO, JUAN JESUSCATEDRATICOPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PUBLICAXEFE SECCION (AD PERSONAM)MEDICINA PREVENTIVA E SAUDE PUBLICA

GOMEZ-ULLA IRAZAZABAL, FRANCISCOPROF. TITULARCIRURXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)OFTALMOLOXIA

GONZALEZ BORRAS, CARLOSPROF. TITULARPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PUBLICAXEFE SECCION (AD PERSONAM)PSIQUIATRIA

GONZALEZ GARCIA, FRANCISCOPROF. TITULARFISIOLOXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAOFTALMOLOXIA

GONZALEZ JUANATEY, JOSE RAMONCATEDRATICOMEDICINAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREACARDIOLOXIA

GONZALEZ QUINTELA, ARTUROPROF. TITULARMEDICINAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAMEDICINA INTERNA

IGLESIAS DIZ, MANUELCATEDRATICOOBSTETRICIA E XINECOLOXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)OBSTETRICIA E XINECOLOXIA

JIMENEZ GOMEZ, ENRIQUEPROF. TITULAROBSTETRICIA E XINECOLOXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)OBSTETRICIA E XINECOLOXIA

JORGE BARREIRO, FCO. JAVIERCATEDRATICOCC. MORFOLOXICASMEDICO ADXUNTOREHABILITACION

LABELLA CABALLERO,TORCUATOCATEDRATICODERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)OTORRINOLARINGOLOXIA

LEMA BOUZAS, MANUELAPROF. TITULARMEDICINAXEFE SECCION (AD PERSONAM)NEUROLOXIA

LOPEZ PAZ, JOSE MANUELCATEDRATICO EUEENFERMERIAATS/DUE

LORENZO LAGO, M. ANGELESPROF. TITULARPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PUBLICAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAPSIQUIATRIA

LORENZO ZUÑIGA, VICENTEPROF. TITULARMEDICINAXEFE SECCION (AD PERSONAM)MEDICINA INTERNA

MACIA CORTIÑAS, MANUELPROF. TITULAROBSTETRICIA E XINECOLOXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAOBSTETRICIA E XINECOLOXIA

MARTÍN MARTIN, CARLOSPROF. TITULARDERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAOTORRINOLARINGOLOXIA

MARTINEZ PEREZ, MANUEL JOSEPROF. TITULARCIRURXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)ANXIOLOXIA E CIRURXIA CARDIOVASCULAR

MARTINEZ VAZQUEZ, JOSE M.CATEDRATICOMEDICINAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAMEDICINA INTERNA

MARTINON SANCHEZ, JOSE M.PROF. TITULARPEDIATRIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS

MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDOPROF. TITULARPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAPSIQUIATRIA

MIGUEZ FREIRE, ANA MARIA PROF. TITULAR EUEENFERMERIAATS/DUE

MORA BERMUDEZ, MARIA JESUS JOSEPROF. TITULARESTOMATOLOXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAESTOMATOLOXIA

NAVARRINA GAMEZ, FERMINCATEDRATICOCC. MORFOLOXICASXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)REHABILITACION

NOVO DOMINGUEZ, ALEJANDROCATEDRATICOOBSTETRICIA E XINECOLOXIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)OBSTETRICIA E XINECOLOXIA

NOYA GARCIA, MANUELCATEDRATICOMEDICINAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)NEUROLOXIA

APELIDOS E NOMECATEGORIA

UNIVERSITARIA

DEPARTAMENTO UNIVERSIDADEPRAZA PARA VINCULARESPECIALIDADE

OTERO COSTA, JESUS B.CATEDRATICOFISIOLOXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)NEUROFISIOLOXIA CLINICA

PAVON BELINCHON, M. PILARCATEDRATICO EUEENFERMERIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS

PELETEIRO FERNANDEZ, MANUELPROF. TITULARFISIOLOXIAMEDICO ADXUNTONEUROFISIOLOXIA CLINICA

PEREZ BECERRA, EUGENIOPROF. TITULARANATOMIA PATOLOXICA E CC. FORENSESMEDICO ADXUNTOANATOMIA PATOLOXICA

PEREZ MOREIRAS, JOSE VICENTE A.PROF. TITULARCIRURXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)OFTALMOLOXIA

PETEIRO GARCIA, M. CARMENPROF. TITULARDERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIAMEDICO ADXUNTODERMATOLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA

POMBO ARIAS, MANUEL A.CATEDRATICOPEDIATRIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS

PORTO VAZQUEZ, M. CARMENPROF. TITULARPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)ONCOLOXIA RADIOTERAPICA

POTEL LESQUEREUX, JOAQUINCATEDRATICOCIRURXIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO

PUGA MARTINEZ, AMALIA PROF. TITULARENFERMERIAATS/DUE

PUMAR CEBREIRO, JOSE M.CATEDRATICOPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCAMEDICO ADXUNTORADIODIAGNOSTICO

REGUEIRO GARCIA, BENITO JOSECATEDRATICOMICROBIOLOXIA E PARASITOLOXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAMICROBIOLOXIA

RODRIGO SAEZ, ELENACATEDRATICO EUEENFERMERIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAPEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS

RODRIGUEZ ARES, M. TERESAPROF. TITULARCIRURXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREAOFTALMOLOXIA

RODRIGUEZ LOPEZ, ANTONIOCATEDRATICOPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)PSIQUIATRIA

RODRIGUEZ SEGADE VILLAMARIN, STGO.CATEDRATICOBIOQUIMICA E BIOLOXIA MOLECULAR MEDICO ADXUNTOBIOQUIMICA CLINICA

RODRÍGUEZ SUAREZ, JOSE R.CATEDRATICO EUEENFERMERIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)PNEUMOLOXIA

RUBIO ALVAREZ, JOSEPROF. TITULARCIRURXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)CIRURXIA CARDIOVASCULAR

SANCHEZ SEBIO, PILAR PROF. TITULARENFERMERIASUPERVISORA UNIDADE (AD PERSONAM)

SANTOS PEREZ, SOFIAPROF. TITULARDERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREADERMATLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA

SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFOPROF. TITULARANATOMIA PATOLOXICA E CC. FORENSESMEDICO ADXUNTOANATOMIA PATOLOXICA

SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIOPROF. TITULARCC. MORFOLOXICASODONTOESTOMATOLOGOODONTOESTOMATOLOXIA

TATO HERRERO, FERNANDOPROF. TITULARFARMACOLOXIAXEFE SECCION (AD PERSONAM)FARMACOLOXIA CLINICA

TOJO SIERRA, RAFAELCATEDRATICOPEDIATRIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS

TORIBIO PEREZ, JAIMECATEDRATICODERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)DERMATOLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA

TORRE CARBALLADA, JOSE A.PROF. TITULARMEDICINAXEFE SECCION (AD PERSONAM)MEDICINA INTERNA

TORRES COLOMER, MANUEL SALVADORPROF. TITULARPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCAXEFE SECCION (AD PERSONAM)NEUROFISIOLOXIA CLINICA

VARELA CIVES, RAMIROPROF. TITULARPEDIATRIAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)CIRURXIA PEDIATRICA

VARELA DURAN, JUAN ANTONIOCATEDRATICOANATOMIA PATOLOXICA E CC. FORENSESXEFE SECCION (AD PERSONAM)ANATOMIA PATOLOXICA

VARO PEREZ, EVARISTOPROF. TITULARCIRURXIAFACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREACIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO

VIDAL CARREIRA, JUAN J.CATEDRATICOPSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)RADIODIAGNOSTICO

VILA JATO, JOSE LUISCATEDRATICOFARMACIA E TECNOLOXIA FARMACEUTICAXEFE SERVICIO (AD PERSONAM)FARMACIA HOSPITALARIA

VILLEGAS CERQUEIRO, M. DEL CARMEN PROF. TITULARENFERMERIAATS/DUE

(*) Praza vinculada condicionada