Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 29 de xuño de 2001 Páx. 8.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 14 de xuño de 2001 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Festa da Troita de Ponte Caldelas.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 14 de xuño de 2001 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

«Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Festa da Troita de Ponte Caldelas, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de Galicia de interese turístico».

En cumprimento do disposto no artigo 28 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no

Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo