Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.753

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (38/2001).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 38/2001 se dictou a presente sentencia, que no encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia: 00039/2001.

Procedemento: X. faltas 38/2001.

En Arzúa o 11 de abril de 2001.

Mónica Sánchez Romero, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, tendo visto e oído as actuacións do xuízo verbal de faltas seguidas neste xulgado co número 38/2001, sobre lesións, no que foron partes como denunciantes e denunciados, reciprocamente Jesús Manuel Brea Míguez e José Manuel Pérez Balado, e tamén como denunciado Diego Castro Pérez, asistidos os dous últimos polo letrado Fernando Mosquera Viéitez, coa comparecencia do Ministerio Fiscal, dictou a seguinte sentencia:

Que debo condenar e condeno a Jesús Manuel Brea Míguez, como autor responsable dunha falta de lesións, xa definida, á pena de multa de corenta días cunha cota diaria de quiñentas pesetas, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por non pagar, cada dúas cotas, e ó pagamento das custas. Así mesmo, deberá indemnizar a José Manuel Pérez Balado na cantidade de sesenta e seis mil oitocentas oitenta pesetas como indemnización polo tempo requirido para a curación das súas lesións, cos xuros legais procedentes.

Que debo absolver e absolvo libremente a José Manuel Pérez Balado e a Diego Castro Pérez da falta pola que viñan sendo denunciados.

Un tercio das custas causadas no procedemento impóñenselle ó condenado Jesús Manuel Brea Míguez e o resto decláranse de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpor recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e o seu cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Jesús Manuel Brea Míguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Arzúa o 28 de maio de 2001.

O secretario

Rubricado