Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.753

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (50/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres en funcións do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 50/2001, por instancia de Germán Pérez Barros contra a empresa Grupo MV Recambios, S.L., sobre rescisión de contrato, nos que se dictou sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo que, estimando a demanda promovida por Germán Pérez Barros contra a empresa Grupo MV Recambios, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía os litigantes ata o día de hoxe e condeno a demandada a estar e pasar pola anterior declaración e ó aboamento da cantidade de 698.659 pesetas no concepto de indemnización.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados do seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de o promover mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o comprobante de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado (número identificador 5.605, clave 60) a cantidade obxecto da condena; pódese substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Débese consignar, ademais, a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o comprobante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Grupo MV Recambios, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 28 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado