Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.752

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista de laboratorio, convocadas por Resolución do 19 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xaneiro de 2001).

Rematado o prazo de presentación de reclamacións contra lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista de laboratorio, convocadas por Resolución do 19 de decembro de 2000 (DOG do 22 de xaneiro de 2001), este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura a continuación:

Relación de admitidos

DNI nºApelidos/nome

75.646.262Bermúdez Arroyo, Manuel

32.690.085Bra Rodríguez, María Jesús

52.494.984Carballo Iglesias, Constante

13.303.546López Morquecho, María Teresa

79.320.711Recarey Buño, M. José

De acordo co previsto na base 7.1º, convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposición, que dará comezo ás 10 hora do día 16 de xullo de 2001 na ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (Campus da Elviña, s/n). Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 8 de xuño de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña