Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.751

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se realizarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas para provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro), artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo) e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27 de abril).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la realización dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das

comisións que serán elixidos por este procedemento para o día 12 de xullo de 2001, ás dez horas, que se realizarán polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades, na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos terán lugar no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data desta resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo, serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidades á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 6 de xullo de 2001, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 12 de xuño de 2001.

Vicente Ortega Castro

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretaria xeral do Consello de Universidades

Universidade da Coruña.

Concursos convocados por resolución da universidade do 12-3-2001 e BOE do 4-4-2001.

Concurso nº: 01/001.

Nº sorteo: 43793.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Presidente titular: Miguel Ángel Lagunas y Hernández.

Vocal secretario titular: Aníbal Ramón Figueiras Vidal.

Universidade de Vigo.

Concursos convocados por resolución da universidade do 2-2-2001 e BOE do 23-2-2001.

Concurso nº: 2-01.

Nº sorteo: 43895.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería de sistemas e automática.

Presidente titular: Aníbal Ollero Baturone.

Vocal secretario titular: Alfonso José García Cerezo.

Concurso nº: 3-01.

Nº sorteo: 43896.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: ciencia da computación e intelixencia artificial.

Presidente titular: José Luis Freire Nistal.

Vocal secretario titular: Antonio Ángel Blanco Ferro.

Concurso nº: 1-01.

Nº sorteo: 43897.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería de sistemas e automática.

Presidente titular: Javier Aracil Santonja.

Vocal secretario titular: Aníbal Ollero Baturone.

Concurso nº: 11-01.

Nº sorteo: 43898.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análise económica.

Presidente titular: Abel Ramón Caballero Álvarez.

Vocal secretaria titular: M. Consuelo Pazo Martínez.

Concurso nº: 12-01.

Nº sorteo: 43899.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: comercialización e investigación de mercados.

Presidenta titular: Encarnación González Vázquez.

Vocal secretario titular: José Antonio Fraiz Brea.

Concurso nº: 10-01.

Nº sorteo: 43900.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito mercantil.

Presidente titular: José Antonio Gómez Segade.

Vocal secretario titular: Manuel José Botana Agra.

Concurso nº: 7-01.

Nº sorteo: 43901.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería eléctrica.

Presidente titular: Manuel Pérez Donsión.

Vocal secretario titular: José Manuel López Fernández.

Concurso nº: 8-01.

Nº sorteo: 43902.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería eléctrica.

Presidente titular: Manuel Pérez Donsión.

Vocal secretario titular: José Manuel López Fernández.

Concurso nº: 9-01.

Nº sorteo: 43903.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería química.

Presidente titular: Juan Carlos Parajó Liñares.

Vocal secretaria titular: Herminia Domínguez González.

Concurso nº: 4-01.

Nº sorteo: 43904.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: bioloxía vexetal.

Presidente titular: José María Egea Fernández.

Vocal secretaria titular: María Regina Carballal Durán.