Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.751

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisorias da fase de concurso do procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres.

O punto 34 da Orde do 8 de marzo de 2001, pola que se convoca procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación e de acordo co establecido no punto 46 da citada orde, procede a súa publicación.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día 2 de xullo de 2001, as puntuacións provisionais do baremo establecido na Orde do 8 de marzo de 2001.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal