Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.712

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de xuño de 2001 pola que se clasifica como de interese benéfico-asistencial a Fundación Nazareth.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Nazareth, con domicilio en Vigo, rúa Rosalía de Castro, nº 56, baixo (Pontevedra).

Supostos de feito.

1. Julio Ramos Rodríguez, na súa calidade de representante da fundación, en escrito do 25 de abril de 2001, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada no Porriño, o día 5 de abril de 2001, ante o notario Mónica Alba Castro, co número 529 do seu protocolo, por Julio Ramos Rodríguez, María Luisa Valencia Bouzas e María García Huertas, sendo corrixida e rectificada por outra do 15 de maio de 2001 perante o mesmo notario e co número 696 do seu protocolo.

3. Segundo consta no artigo 7 dos seus estatutos, é obxecto da fundación traballar pola integración social das persoas marxinadas e/ou colectivos con problemas de carácter social, para a mellora da súa calidade de vida e conseguir unha integración social plena en tódolos ámbitos: persoal, familiar, cultural, social, profesional, sanitario, etc.

4. O padroado da fundación estará constituído por Julio Ramos Rodríguez como presidente, María Luisa Valencia Bouzas como secretaria e María García Huertas como vocal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese benéfico-asistencial da Fundación Nazareth, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese benéfico-asistencial e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regu

lamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 5 de xuño de 2001.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese benéfico-asistencial a Fundación Nazareth e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública