Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 28 de xuño de 2001 Páx. 8.712

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 11 de xuño de 2001 pola que se dispón o nomeamento de vocal en representación da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamento por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vista a proposta de nomeamento realizada pola Administración xeral do Estado do representante no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O nomeamento de José Luis Baña Mouzo como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda