Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T. de Pedras, no concello de Monforte de Lemos. (Expediente 33/1998 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentou a seguinte alegación:

1. Obdulia Fouces Álvarez, Adela Dopacio González e Carlota Dopacio González, que presenten cadanseu escrito de alegacións, idénticas no seu contido, e que en resumo manifestan o seu descontento pola notificación recibida para a declaración de utilidade pública do proxecto que nos ocupa que implica a urxente ocupación dos seus terreos cando, sobre as súas parcelas, xa discorre unha liña eléctrica (que é a que vai ser obxecto de reforma no presente expediente). Así mesmo, manifestan que están dispostas

a que se ocupen ou se continúen ocupando os terreos afectados polo proxecto, sempre e cando se manteña a situación xurídica actual, isto é, a propiedade do terreo afectado pola ocupación por parte dos alegantes aínda que ocupado cunha servidume.

Considerando que tales alegacións, vista a contestación a elas por parte da empresa promotora e or esto da documentación que consta no expediente, non impiden continuar coa súa tramitación polas seguintes razóns:

1. Porque a liña existente sobre os terreos propiedade das alegantes é a que vai ser suprimida e substituída pola liña obxecto do presente expediente co fin de mellora-la subministración eléctrica na zona.

2. Aínda que se está a tratar da substitución dunha liña existente por outra, segundo o establecido na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nos decretos 2617/1966 e 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, é necesario a presentación dun novo proxecto para a súa tramitación administrativa coas correspondentes publicacións e notificacións individuais, motivo polo que as alegantes recibiron as notificacións ás que fan referencia.

3. Porque o paso da liña eléctrica polo terreo dos alegantes non supón un cambio da titularidade dos terreos, senón unicamente a imposición dunha servidume de paso deixando co alcance e limitacións establecidos no artigo 58 da referida Lei 54/1997 e artigos 19 e seguintes do Decreto 2619/1966, podendo en todo caso o titular do predio servente, cercalo, plantar ou edificar nel deixando a salvo a servidume.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que a liña ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ós que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galcia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída polos decdretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe no pórtico de formigón L.M.T. triple circuíto circunvalación de

Monforte de Lemos e remate na torre metálica derivación o C.T. Lende, cunha lonxitude de 2319 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 18 apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autonómas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución e anexo, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico de data 10 de xaneiro de 2001, entendendo que os extremos que nel se recollen non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso de data 9 de marzo de 2001, Diario Oficial de Galicia de data 4 de abril de 2001 e no BOP de Lugo do 20 de marzo de 2001, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Monforte de Lemos. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os ttiulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere

oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 10 de maio de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo