Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 27 de xuño de 2001 Páx. 8.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de L.A.T. a 220 kV parque eólico Ameixeiras-parque eólico Cando, nos concellos de Lalín e Forcarei (Pontevedra) e Beariz (Ourense), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A.

Advertido un erro na resolución arriba epigrafiada, publicada no DOG nº 95, de data 18-5-2000, cómpre realiza-las seguintes correccións:

Na páxina nº 6.692, o último parágrafo da devandita resolución debe ser: «Polo exposto solicítase que se denegue a autorización para a alternativa proposta pola empresa».