Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

De conformidade co acordo adoptado pola Comisión de Goberno deste concello, na sesión do 21 de maio de 2001, polo que se aproban as bases que haberán de rexe-la convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, dun posto de traballo de auxiliar da emisora de radio:

Procédese a anuncia-la convocatoria para a provisión do dito posto de traballo, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

A contratación laboral fixa, mediante concurso-oposición, dun auxiliar da emisora de radio, que haberá de desenvolve-las seguintes funcións: control técnico, locución, insercións publicitarias, redacción de noticias e outras de carácter similar, por unha retribución bruta mensual de 129.909 pesetas, máis dúas pagas extraordinarias polo mesmo importe.

A devandita retribución, máis o importe correspondente ós gastos de Seguridade Social, figura consignada no orzamento municipal do presente exercicio económico.

A dita contratación farase con carácter indefinido ó amparo da normativa contida no artigo 15 do Estatuto dos traballadores, durante unha xornada laboral de corenta horas semanais, que serán prestadas de luns a sábado.

Segunda.-Condicións dos aspirantes.

Para participar no concurso-oposición, deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser cidadán da Unión Europea.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico, que impida para o desempeño das funcións propias do posto de traballo para o que se opta.

e) Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas.

f) Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme a normativa vixente, referida o día da formalización do contrato.

Terceira.-Presentación de solicitudes.

As instancias, polas que se solicita tomar parte neste procedemento de selección, dirixiranse ó alcalde do Concello de Arzúa, facendo constar que se reúnen os requisitos establecidos na base segunda da convocatoria.

Tales instancias presentaranse no rexistro xeral do concello, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

(Tamén poderán remitirse, dentro do dito prazo, na forma que determina o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro).

A cada instancia xuntarase a relación dos méritos que se aleguen, os que haberán de ser obxecto de valoración na fase de concurso, así como os seus documentos acreditativos e unha fotocopia do documento nacional de identidade.

Cuarta.-Relación de admitidos.

Rematado o prazo de presentación de instancias, la alcaldía dictará resolución pola que se aprobe a lista provisional de admitidos e excluídos que será feita pública no BOP e no taboleiro de edictos do concello, concedéndose un prazo de dez días para a presentación de reclamacións ou emendas de erros, nos termos do artigo 71 da Lei 30/1992.

As ditas reclamacións, se as houbese, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que será publicada en igual forma que a provisional, contendo a maiores a composición do tribunal cualificador e o lugar, data e hora de celebración das probas.

Quinta.-Tribunal cualificador.

Estará composto polos seguintes membros:

* Presidente: o alcalde ou tenente de alcalde en quen delegue.

* Secretario: o do concello, ou o funcionario en quen delegue; que actuarán con voz pero sen voto.

* Vocais:

-O concelleiro-delegado en materia de cultura, e como suplente o segundo tenente de alcalde.

-O concelleiro-delegado en materia de persoal, e como suplente o terceiro tenente de alcalde.

-Un funcionario de carreira ó servicio desta entidade local nomeado pola alcaldía; así como o seu suplente.

-O director da emisora de radio; e como suplente outro director dunha das emisoras municipais de radio desta provincia, nomeado polo alcalde.

Non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros; sendo preciso en todo caso a asistencia do presidente e do secretario.

Sexta.-Proceso de selección.

Desenvolverase en dúas fases: a) Concurso e b) Oposición libre.

a) Na fase de concurso: o tribunal calificará os méritos a que se refire o anexo I destas bases, aplicándose a valoración establecida no correspondente baremo; e de acordo coa documentación achegada polos aspirantes, non sendo obxecto desta valoración aqueles méritos que non estean debidamente acreditados.

A calificación desta fase deberá estar concluída antes da realización da fase de oposición, facéndose público o seu resultado no taboleiro de edictos do concello.

b) Na fase de oposición: farase un exercicio de carácter práctico, referido á execución polos aspirantes dunha ou máis tarefas, relacionadas coas funcións propias do devandito posto de traballo, que haberán de ser determinadas polo tribunal calificador, inmediatamente antes de dar comezo o exercicio.

A cualificación efectuarase sumando as puntuacións outorgadas por cada membro do tribunal, de 0 a 10 puntos, e dividindo o total resultante polo número de tales membros asistentes, quedando eliminados os aspirantes que non acaden o mínimo de cinco puntos na execución de cada unha das tarefas feitas.

Para a realización das tarefas a que se refire este exercicio práctico da fase de oposición, os aspirantes serán convocados en chamamento único, seguíndose como orde de actuación de tales aspirantes, o mesmo que o da presentación das súas respectivas instancias.

Comenzadas as distintas probas, a publicación dos anuncios de realización destas en días sucesivos farase no taboleiro de edictos do concello, se así fose preciso por razón do número de aspirantes presentados ou pola excesiva duración das tarefas que se realizarán.

Sétima.-Relación de aprobados e presentación de documentación.

Rematada a calificación dos aspirantes, o tribunal calificador:

* Publicará no taboleiro de edictos do concello a relación de aprobados pola orde de puntuación, con especificación desta.

* Elevará a correspondente proposta de contratación a favor do que obtivese a puntuación máis alta no proceso selectivo.

Calquera proposta que inclúa máis nomes será nula de pleno dereito.

O ou os aspirantes propostos, segundo os casos presentará na secretaría do concello, no prazo de cinco días desde a publicación do resultado deste proceso de selección, os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos previstos na base segunda.

Se calquera dos aspirantes propostos non presentase dentro dese prazo indicado, salvo por causa de forza maior, a súa documentación correspondente, ou non acreditase reuni-los requisitos esixidos, non poderá procederse ó seu nomeamento, quedando anuladas todalas súas actuacións; sen prexuízo da responsabilidade en que poidese ter incorrido por falsidade na instancia presentada para tomar parte no concurso-oposición.

Oitava.-Formalización do contrato.

Terá lugar no prazo de dez días, a partir da data de notificación do decreto de nomeamento dictado pola alcaldía.

Novena.-Incidencias.

O tribunal calificador queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten, e adopta-los acordos necesarios para a boa orde do concurso-oposición, en todo o non previsto nestas bases.

Décima.-Recursos.

Contra a presente convocatoria e as súas bases poderán recorre-los interesados no prazo dos trinta días seguintes ó da súa publicación no BOP, mediante a interposición de recurso de reposición.

Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación do tribunal poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei de procedemento administrativo.

ANEXO I

Baremo de méritos, para a fase de concurso:

1. Por traballos realizados en calquera Administración local desempeñando un posto de traballo

similar: 0,10 puntos por cada mes traballado, sen que poidan computarse os períodos inferiores, ata un máximo de 2 puntos.

2. Por coñecemento da lingua galega. Por realización do curso de iniciación 0,50 puntos, e por realización do curso de perfeccionamento 1 punto, sendo excluíntes ámbalas dúas puntuacións.

3. Por ter participado en cursos ou xornadas sobre información, programación e publicidade radiofónica, de máis de 10 horas de duración; 0,25 puntos por curso ou xornada, ata un máximo de 0,50 puntos.

4. Por ter feito colaboracións en emisoras de radio desta Comunidad Autónoma, en programas informátivos: 0,25 puntos por cada ano acreditado, sen que poidan computarse períodos inferiores; ata un máximo de 0,50 puntos.

Arzúa, 21 de mayo de 2001.

Manuel Moscoso López

Alcalde