Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente 27/2001).

Expediente nº: 27/2001.

Obxecto: complemento e actividades do conxunto residencial de vivendas para estudiantes e persoal da universidade nos campus de Vigo, 2 lotes.

Localidade: Vigo.

Importe licitación:

Lote 1: 27.422.027 pesetas, IVE incluído.

Lote 2: 1.342.526 pesetas, IVE incluído.

Prazo de entrega: 1 mes (ámbolos dous lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas.

b) Número de unidades que hai que entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) División por lotes e número: 2.

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías:

Provisionais: 2% dos importes de licitación.

Definitivas: 4% dos importes de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Domicilio: edificio anexo ó rectorado, r/ Areal, nº 46, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 71.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: Rectorado, edificio anexo r/ Oporto nº 1, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo, 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, nº 46, 1ª planta.

c) Localidade: Vigo, 36201.

d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día habil.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 18 de xuño de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo