Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 25 de maio de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Someter a información pública o expediente de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento en San Roque do Monte-Darbo, polo período dun mes inserindo para tal efecto anuncio no DOG e nun dos diarios de maior circulación da provincia, para os efectos de que os interesados presenten as alegacións que consideren convenientes, servindo este anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 11 de xuño de 2001.

José E. Sotelo Villar

Alcalde