Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.598

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (196/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres en funcións do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 196/2001 por ins

tancia de David Mallada Eiroa y José Manuel Montecelo Seijas contra as empresas Cresso Garden, S.L., Núcleo Gestión, S.L. e Repsol YPF, S.A., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

Fallo que a demanda promovida por David Mallada Eiroa e José Manuel Montecelo Seijas contra a empresa Cresso Garden, S.L., Núcleo Gestión, S.L. e Repsol Petróleo, S.A. e Repsol YPF, S.A. a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexía antes de producirse o despedimento e o aboamento da cantidade de 620.948 pesetas en concepto da indemnización ó primeiro e 591.786 pesetas en concepto de indemnización ó segundo e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución a razón de 4.078 pesetas diarias para o primeiro e ata o 20 de febreiro de 2001 para o segundo. E absolvendo de tódolos pedimentos contidos nesta ás empresas Núcleo Gestión, S.L. e Repsol Petróleo, S.A. e Repsol YPF, S.A.

Así por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de

interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgado pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Núcleo Gestión, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña, 11 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado