Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.599

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (904/2000).

Eu, Juan Rey Pita, en funcións de secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 904/2000 por instancia de Ramiro Cotelo Sande contra Empresa Elaborados y Obras, S.L. sobre salarios nos que recaeu sentencia en data 2-5-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

Fallo: que estimando a demanda promovida por Ramiro Cotelo Sande contra a empresa Elaborados y Obras, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que abone á demandante a cantidade de trescentas vinteún mil novecentas corenta e seis pesetas (321.946), por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba ante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Elaborados y Obras, S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña o 14 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado