Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.599

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (23/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 23/2001, seguidos por instancia de Javier Fernández Abad contra a empresa Cándido Francisco Fidalgo Santos (La

Bodeguita de Iván), sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di:

«Sentencia. En Lugo, o oito de maio do ano dous mil un. Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada xuíza del Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos do xuízo verbal nº 23/2001 sobre reclamación por cantidade, no que son partes como demandante Javier Fernández Abad, asistido do letrado Germán Vázquez Díaz e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Cándido Francisco Fidalgo Santos (La Bodeguita de Iván) a pesar de estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda interposta por Javier Fernández Abad contra a empresa Cándido Francisco Fidalgo Santos (La Bodeguita de Iván) sendo parte así mesmo o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó demandante a cantidade de trescentas noventa e seis mil catrocentas dezaseis pesetas (396.416 pesetas), polos conceptos expresados no segundo dos feitos probados desta resolución. Absólvese ó Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa ulterior responsabilidade caso de ser declarada a insolvencia empresarial. Notifíqueselles esta sentencia ás partes, con advertencia de que, contra esta, cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conductos deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido na Lei

de procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozara do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recuso de suplicación, ter consignada na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-69-nº de autos 23/2001, que este xulgado do social ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya, desta cidade, r/ Reina, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas, previsto para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº

2322-65-nº de autos 23/2001 do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación do recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpoñe-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxera, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, que se encontra celebrando audiencia pública no día da data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación á empresa Cándido Francisco Figalgo Santos (La Bodeguita de Iván) en ignorado paradoiro, expido e asino a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o oito de maio de dous mil un.

Rubricado