Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.597

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (163/2001).

Juan Rey Pita, en funcións de secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico: que neste xulgado se segue autos número 163/2001 por instancia de Agustín Taboada Pérez contra José María Martínez González sobre despe

dimento nos que recaeu sentencia coa data do 8-5-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido: que estimando a demanda promovida por Agustín Taboada Pérez contra José María Martínez González debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó actor condenando á demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a inmediata readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, co aboamento da cantidade de 299.615 pesetas no concepto de indemnización, e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, a razón de 4.467 pesetas/día.

Así, por esta a miña sentencia contra a que poderá recorrerse en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba diante deste Xulgado do Social o xustificante acreditativo de telas depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número 5.605, clave 60 a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse contar-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo

recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a empresa José María Martínez González, expido e asino esta cédula na Coruña, 8 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado