Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Martes, 26 de xuño de 2001 Páx. 8.597

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (247/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de A Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 247/2001 contra empresa Tamara Naranjo Vázquez sobre despedimento, dictouse a seguinte:

Sentencia.-Na cidade da Coruña, o 26 de abril de 2001 Jorge Hay Alba, maxistrado-xuiz do Xulgado do Social número dos desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 47/2001, seguidos por ins

tancia de Olga Lombardía Gómez, maior de idade, asistida polo letrado Antonio Pousa Merens, contra la empresa Tamara Naranjo Vázquez (Cervecería Gerión) que no compareceu en autos, sendo o obxecto da reclamación, despedimento, seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda inteprosta por Olga Lombardía Gómez, debe declarar e declaro improcedente o despido efectuado pola empresa Tamara Naranjo Vázquez condenando a ésta a que no prazo de cinco días opte entre a readmisión inmediata da demandante nas mesmas condicións existentes con anterioridade, o ó aboamento de 18.379 pesetas en concepto de indemnización máis, en ámbolos casos, o abaomento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento a notificación da presente resolución e que ascende a 4.901 pesetas/día. Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que á referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goaza do beneficio da xustiza garatuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de

depósitos de consigancións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a empresa Tamara Naranjo Vazquez que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a esta cédula na Coruña a 15 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado