Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 31 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU 046/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE del 27 de noviembre), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5ª planta e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer probas concretando os medios de que pretendan valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 31 de maio de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 046/01P.

Denunciado: Juan Carlos González Castelao.

DNI: 10.071.242W.

Último enderezo coñecido: r/ Cervantes nº 19-1º, Ponferrada (León).

Feito denunciado: pescar con máis canas das permitidas (2).

Precepto infrinxido: artigo 10 da Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 33.4º da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción multa de: 5.000 pesetas.