Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 31 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores OU 271/00P e cinco máis en materia de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos nor

malizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5ª planta, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 31 de maio de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto

infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

271/2000Construcciones Hermanos Díaz, S.A.

A32013484

R/ José Antonio, nº 9 (Ourense)Esplanación do terreo, arrincando todo o arboredo, composto de ameneiro adultos, e enterrando a canle do río.33.10º e 34.22º100.000

285/2000Evelio Ballesteros Lorenzo

3781829

Avda. de Compostela, nº 9, baixo, O Carballiño (Ourense)Pescar en luns, día inhábil para a pesca33.9º10.000

304/2000José María Díez Rivero

53006638X

R/ Espido, nº 80, 1º B, Verín (Ourense)Pesca, xunto con outras persoas, de 150 cangrexos vermellos americanos, sen estar en posesión de licencia de pesca, e en día inhábil34.1º e 34.8º75.000, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

313/2000Manuel Domínguez Trillo

34934579V

R/ José Antonio, nº 34, O Carballiño (Ourense)Pescar con tres canas33.4º5.000

314/2000Silvino Álvarez Rodríguez

9591601

R/ Santa Bárbara, nº 3, 2º esq. Santa Lucía, Pola de Gordón (León)Pescar en día inhábil e sen licencia de pesca34.1º e 33.9º75.000, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano

02/2001Eulogio Martínez González

76713441-R

R/ Xesús Carlos Romero. Xinzo de Limia (Ourense)Pescar sen licencia de pesca, en día inhábil, con tres canas, empregando engados non autorizados33.4º, 33.9º e 34.1º75.000, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obtela durante un ano