Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.557

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 9 de maio de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación do requirimento de pagamento P-019/2001 ó debedor en réxime de compravenda, devolto polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, e na cláusula terceira do contrato de compravenda, notifícaselle ó interesado, cos datos e derradeiro enderezo coñecido (identificado por número de expediente e conta) que

a continuación se relaciona, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala, facéndolle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que non resulten pagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó corrente das súas obrigas, ou compareza na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que estime convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución do seu contrato e iniciación do oportuno expediente de desafiuzamento, co coseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro bene

ficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 9 de maio de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-1-CD/71 (exte. desaf. P-019/01).

Cta.: 789.

Nome: Esteban Pereira Fernández.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ Caldas de Reis, nº 1, 13º C (Vigo).

Falta de pagamento: 138.424 pesetas.