Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de maio de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, a proposta de resolución do expediente administrativo de desafiuzamento por non ocupación 12/2001, derivado de regularización.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente dos beneficiarios ou arrendatarios, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 22 de maio de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 12/2001.

Expedientada: Manuela Pita Fernández e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ do Mourel 23-1, 6º D, Esteiro-Telleiras (Ferrol).

(Expediente C-82/010, conta 160).