Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación do seguro dos bens do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa responsabilidade civil.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación do seguro dos bens do Igape na CC.AA. de Galicia e a súa responsabilidade civil.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 16 92, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 07/2001.

2. Obxecto do contrato: contratación das coberturas especificadas no prego de prescripcions técnicas para todos aqueles bens propiedade do instituto, que conforman o contido das súas dependencias en Santiago de Compostela, Vigo, Ferrol, Silleda, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, así como polas accións ou danos que os bens ou traballadores do Igape puidesen causar a terceiros ou traballadores no desenvolvemento do seu traballo habitual: o obxecto detállase en dous lotes diferentes e independentes:

Lote 1: riesgos patrimoniais bens mobles.

Lote 2: responsabilidade civil.

Vixencia: a vixencia do contrato será dun ano, sendo prorrogable ata un período de catro anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo total de licitación: 1.700.000 pesetas (un millon setecentas mil pesetas), IVE incluído, 10.217,21 euros, coa seguinte desagregación:

Lote 1: riscos patrimoniais bens mobles: 700.000 pesetas, IVE incluído, 4.207,08 euros.

Lote 2: responsabilidade civil: 1.000.000 de pesetas, IVE incluído, 6.010,12 euros.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 92.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina WEB: www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre cerrado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío nas oficinas de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 10 horas do noveno día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica