Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de maio de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación de varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (6/2001 e once máis).

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que a seguir se indican:

-Expediente número: 6/2001.

Denominación: monte de Leituego.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Leituego.

Parroquia: Pacios.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 167 hectáreas.

Estremas:

Norte: monte de Vilares do concello de Ribeira de Piquín. Leste: montes de Pacios e de Mourisco. Sur: montes de Brañas e das Sétimas de Goxe, O Mido e Piñeira. Oeste: monte da Boucisca, das Veigas e de Monteagudo

-Expediente número: 7/2001.

Denominación: monte de Maderne.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Maderne.

Parroquia: Maderne.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 453 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: termo de Torviso, dividindo polo río Rodil, e co termo de Vilarín do Castelo dividindo polo regueiro de Veiga da Porca. Leste: termo e monte de Liñares de Maderne. Sur: monte de Mazaeda, termo de Castañoso, e monte e termo de Silvachá. Oeste: termo e monte de Murias e río Rodil dividindo cos termos da antiga parroquia dos Vaos, hoxe de Ribeira de Piquín.

-Expediente número: 8/2001.

Denominación: monte de Mazaeda.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Mazaeda.

Parroquia: San Pedro de Neiro.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 285 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: monte de Maderne, e monte de Liñares de Maderne. Leste: termo de Noceda e Vilamaior, termo de Piñeiro, e termo de Lagúas e Riotorto. Sur: termo de Llancela e Pradrairo, e termo e monte de Peizais. Oeste: termo da Proba de Burón e termos de Castañoso.

-Expediente número: 9/2001.

Denominación: monte de Mourisco.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Mourisco.

Parroquia: Pacios.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 306 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: termo e monte de Pacios. Leste: termo da Proba de Burón. Sur: monte de Xestoso de Riba. Oeste: montes de Brañas e de Leituego.

-Expediente número: 10/2001.

Denominación: monte do Padrón.

Comunidade propietaria: veciños do lugar do Padrón.

Parroquia: O Padrón.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 175 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: termos de Carracedo e A Proba de Burón. Leste: termo da Fonsagrada, e termo e monte de Vilapiñol. Sur: termo e monte de Castro, e monte da Arqueira e Lladairo. Oeste: monte das Quintas de Xestoso de Riba e Vilardongo, e monte de Carracedo.

-Expediente número: 11/2001.

Denominación: monte de Pedrafitelas.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Pedrafitelas.

Parroquia: Vieiro.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 51 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: monte das Quintas de Xestoso de Riba e Vilardongo. Leste: termo e monte de Vilardongo. Sur: montes da Fontecova, Pacios e O Rebolín. Oeste: termo e monte de Montouto.

-Expediente número: 12/2001.

Denominación: monte de Queixoiro.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Queixoiro.

Parroquia: A Bastida.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 181 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: monte de Vilarmeán. Leste: montes de Vilarmeán e Barbeitos. Sur: termos e montes de Invernal e de Pereira. Oeste: termo e montes de Vilarello.

-Expediente: 13/2001.

Denominación: monte de Ribón.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Ribón.

Parroquia: Lamas de Moreira.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 62 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: termo e monte das Veigas. Leste: monte de Barcela. Sur: monte de Seoane. Oeste: monte de Vilabol de Arriba.

-Expediente: 14/2001.

Denominación: monte de Sancedo.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Sancedo.

Parroquia: Vilabol de Suarna.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 82 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: termo de Estoupelo e monte de Vilabol de Suarna. Leste: termo e montes de Xegunde. Sur: montes de Xegunde e de Brancio, e de Candelos. Oeste: termo e monte de Ervellais.

-Expediente número: 15/2001.

Denominación: monte de Silvachá.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Silvachá.

Parroquia: Maderne.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 95 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: termo de Maderne. Leste: monte de Maderne. Sur: río das Covas, dividindo co monte de Castañoso. Oeste: monte de Murias.

-Expediente: 16/2001.

Denominación: monte de Vilardongo.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilardongo.

Parroquia: O Padrón.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 66 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: monte das Quintas de Xestoso da Bastida e Vilardongo. Leste: monte da Arqueira e Lladairo. Sur: monte da Fontecova, Pacios e O Rebolín. Oeste: termo e monte de Pedrafitelas.

-Expediente: 17/2001.

Denominación: monte de Xunqueira.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Xunqueira.

Parroquia: Lamas de Moreira.

Concello: A Fonsagrada.

Superficie: 26 hectáreas.

Estremas:

As do termo veciñal son:

Norte: termo e monte de Vilabol de Abaixo. Leste: termo de Coto de Xunqueira. Sur: montes de Coto de Xunqueira e de Monterrío. Oeste: monte de Crecencia.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 28 de marzo de 2001 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, polo presente edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilos en relación cos montes, achegando, se é

o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 28 de maio de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo