Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial CO-2000/156.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente número: CO-2000/156.

Denunciado: Joaquín Lojo Fernández.

Último enderezo coñecido: Luis Cadarso nº 1-1º.

15200 Noia (A Coruña).

Contido da resolución:

Data: 16 de maio de 2001.

Feitos polos que foi denunciado: pescar sen licencia con redes en augas continentais sen autorización en horas nocturnas.

Tipificación das infraccións: artigos 35.2º, 35.19º e 34.14º da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación das infraccións: dúas infraccións graves e unha menos grave.

Resolución: sanción con multa de 500.001 pesetas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un período dun ano e un día.