Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 027/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do expediente sancionador que se instrúe, por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do

5 de agosto), e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5ª planta, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 31 de maio de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 027/01P.

Denunciado: J.C.A. Hormigones, S.A.

CIF: A36851962.

Último enderezo coñecido: r/ García Barbón, nº 62, Vigo (Pontevedra).

Feito probado: proceder á limpeza da cuba dun camión marca Mercedes Benz, modelo 2225 B, matrícula M-1423-KS, vertendo directamente a unha pequena lagoa xunto ó río Miño restos de formigón transportado nela.

Precepto infrinxido: artigo 77 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: multa de 150.000 pesetas.