Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.530

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (8/2000-V).

Eu, Ángel Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber que, en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de procedemento ordinario número 8/2000-V, notifícaselle a Marlene Tatiana Melicio Barros, a seguinte resolución:

Auto:

A Coruña, 14 de maio de 2001.

Antecedentes de feito.

1. Promoveu estas actuacións -por demais, constitutivas de autos número 8/2000-V, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña-, Marlene Tatiana Melicio Barros en calidade de parte recorrente -daquela representada pola procuradora do Ilustre Colexio de Procuradores da Coruña, Ana María Tejelo Núñez e asistida polo letrado do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, Rafael José López Jácome- contra aquela precedente Resolución do 9 de novembro de 1999, dictada polo delegado do Goberno nesta capital, pola que se acordaba denegarlle -entre outros extremos- a súa precedente solicitude de exención de visado en España.

2. A procuradora Ana María Tejelo Núñez e o letrado Rafael José López Jácome presentaron escrito con data do 22 de febreiro de 2001, no que manifestaban que se lles tivese por renunciados na representación e defensa de Marlene Tatiana Melicio Barros. Do referido escrito déuselle traslado á recorrente polo termo de dez (10) días para que designase novamente procurador e avogado, con apercibimento de arquivo das actuacións.

3. Consta, pois, agora en autos acreditado o transcurso daquel referido prazo anteriormente aludido sen que aquela parte promovente emendase aquela omisión antes referenciada.

Fundamentos xurídicos.

1. O artigo 23.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, establece con carácter tan xeral como expresivo que «nas súas actuacións ante órganos unipersoais, as partes poderán conferi-la súa representación a un procurador e serán asistidas, en todo caso, por un avogado. Cando as partes lle confiran a súa representación ó avogado, será a este a quen se lle notifiquen as actuacións», sen prexuízo de que, se constase expresa designación de procurador en autos conforme o artigo 23.2º de igual norma legal, lle corresponda efectivamente a este a correspondente representación legal.

2. Aquela parte promovente omitiu, pois, por completo e mediante a mera realización da correspondente comparecencia apud acta a designación de letrado, sen que tampouco conste ningún poder para o efecto onde se designe a súa específica defensa, e sen que tampouco se emendase en ningún modo tal extremo malia aquel expreso e emendatorio prazo de dez días outorgado para o efecto.

3. En calquera caso, o artigo 78.23º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, establece que «o procedemento abreviado, no non disposto neste capítulo -onde se regula o seu específico trámite procedemental-, rexerase polas normas xerais da presente lei», de forma que, tendo en conta aquela referida omisión procesual antes aludida e de que esta tampouco foi emendada ata a data, malia o expreso e emendatorio prazo outrora outorgado, procede declara-la caducidade destes autos, de conformidade co artigo 45.3º da dita norma legal procesual contencioso-administrativa, en canto que desde logo sinta que o «xulgado examinará de oficio a validez da comparecencia tan pronto como se presente o escrito de interposición. Se con este non se xuntan os documentos expresados no punto anterior ou os presentados son incompletos e, en xeral, sempre que o xulgado ou a sala estime que non concorren os requisitos esixidos por esta lei para a validez da comparecencia, requirirá inmediatamente a emenda destes,

sinalando un prazo de dez días para que o recorrente poida levala a efecto e, se non o fai, ordenarase o arquivo das actuacións», de xeito que,

Vistos os artigos citados e demais de pertinente e xeral aplicación.

Acórdase declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo outrora promovido pola parte recorrente antes aludida.

Notifíqueselles esta resolución ás correspondentes partes comparecidas e signifíqueselle-lo dereito que as asiste de interpoñeren eventual recurso de apelación no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSX de Galicia, igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que lle sirva de notificación á recorrente Marlene Tatiana Melicio Barros, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 14 de maio de 2001.

Ángel-Javier Martín Sánchez

Secretario