Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (970/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 970/2000 seguidos por instancia de

Roberto Rabuñal Vigo contra Fribarking Aire y Refrigeración, S.L. e Fogasa sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, con data do 4-5-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que, estimando a demanda interposta por Roberto Rabuñal Vigo, contra a empresa Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante da suma de 140.616 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Asi, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Fribarking Aire y Refrigeración, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en Juan Montes, 32, 15006 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 4 de maio de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado