Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.530

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (68/2000-V).

Polo presente edicto faise saber que no procedemento ordinario número 68/2000-V seguido neste xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos da Coruña, por instancia de Alberto Castro Reborero, representado e defendido polo letrado Victorino Fuente Martínez, contra aquela precedente Resolución do 15 de novembro de 1999 dictada pola Comisión de Goberno do Concello de Carballo (A Coruña) -ó repecto respectivamente representado e defendido polo procurador e o letrado daqueles correspondentes e ilustres colexios de procuradores e avogados aquí residenciados Luis Sánchez González e Miguel Ángel Ferreiro Suárez-, que agora consta desde logo referenciada en autos e polo que se lle denegou ó dito promovente aquela licencia outrora solicitada a fin de erixi-lo cerramento dunha parcela sita no lugar de Santa Mariña-Razo-Carballo (A Coruña), ó se tratar aquel terreo -segundo expresamente se sinalou-, dun terreo baldío considerado de propiedade municipal, dictouse resolución xudicial no día

da data na que se acorda a publicación deste edicto, polo que se fai saber a cantas persoas a favor das cales se puidese derivar algún dereito do acto administrativo impugnado e ós que tiveran interese directo no mantemento do recurso contencioso-administrativo antes citado que poden comparecer nos autos, en legal forma, no prazo de nove días (9) desde a publicación deste edicto, na súa condición de codemandados, se ó seu dereito conviñer, baixo apercibimento de que, en caso de non comparecer, se seguirá a tramitación do recurso na súa ausencia.

A Coruña, 7 de maio de 2001.

Ángel-Javier Martín Sánchez

Secretario