Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.529

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (157/2000).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Instrucción número un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 157/2000 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

Sentencia número 80:

En Padrón, 10 de maio de 2001.

Dolores Vilar Hortas, xuíza de instrucción, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 157/2000, seguida por unha falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), contra José Ramón Baldomir Cotelo e Manuel Rodríguez González, na que foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a José Ramón Baldomir Cotelo como autor responsable dunha falta de conducción de vehículo de motor sen seguro obrigatorio, á pena de dous meses de multa, con cota diaria de mil cincocentas pesetas, quedando suxeito, se non as satisfixese voluntariamente ou pola vía de constrinximento, á responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas.

E así mesmo, debo absolver e absolvo libremente, con tódolos pronunciamentos favorables, a Manuel Rodríguez González, de responsabilidade penal polos feitos que deron lugar a este xuízo.

Seguen sinaturas e publicación.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse recurso de apelación neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Ramón Baldomir Cotelo, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o 18 de maio de 2001.

O secretario

Rubricado