Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.496

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 145/2001, do 23 de xuño, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia á República Bolivariana de Venezuela, é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República Bolivariana de Venezuela, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 24 de xuño ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, vintetrés de xuño de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente