Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.495

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 7 de xuño de 2001 pola que se nomean vocais do Consello de Dirección do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

No artigo 4 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, disponse que o Consello de Dirección do Ilgga estará constituído, ademais de polo presidente, o vicepresidente e o seu director, por cinco vocais, correspondéndolle o seu nomeamento ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

Facendo uso da atribución que ó titular da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria lle confire o artigo 4.3º da devandita lei, por Orde do 9 de marzo de 2001, nomeouse director do Ilgga o director xeral de Industrias e Alimentación, quen, pola súa vez, ten a condición de vicepresidente do instituto.

Pola súa vez, no artigo 9 do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, que desenvolve a antedita Lei de creación do Ilgga, disponse que, dos anteditos cinco vocais, un deles representará a Consellería de Economía e Facenda, por proposta do seu titular, e os outros catro a anteriormente denominada Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, escollidos de

entre persoas de recoñecido prestixio no sector lácteo e gandeiro e altos cargos ou funcionarios da Administración autonómica.

A composición inicial do dito Consello de Dirección determinouse por orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 12 de novembro de 1996, sendo a súa última modificación a efectuada pola orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 2 de setembro de 1998.

Os cambios habidos desde entón na consellería aconsellan proceder a unha nova modificación dos vocais que a representan no antedito Consello de Dirección.

Xa que logo, con base no exposto e as competencias que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen José Ramón Molinero Senovilla e Mª Elena Barca Ramos como vocais do Consello de Dirección do Ilgga, agradecéndolle-los servicios prestados.

Artigo 2º

Nomea-las seguintes persoas como vocais do Consello de Dirección do Ilgga, en representación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-José Antonio Álvarez Vidal, secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Manuel Díaz Cano, director xeral de Producción Agropecuaria.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria