Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Luns, 25 de xuño de 2001 Páx. 8.496

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado número 58/2001, interposto por Gerardo Álvarez Reza e Pastora Vázquez Vázquez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado nº 58/2001, interposto por Gerardo Álvarez Reza e Pastora Vázquez Vázquez, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de outubro de 2000, pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Orde do 28 de xullo de 2000, pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia (concurso 5/99).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública