Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001 pola que se fai pública a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de caza PO-2000/026.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de caza: Lei 4/1997, do 4 de xuño, de caza de Galicia.

Expediente número: PO-2000/026.

Denunciado: Jesús Ogando Vidal.

Último enderezo coñecido: Costiño número 6.

36830 A Lama (Pontevedra).

Contido da resolución do recurso:

Data: 3 de maio de 2001.

Feitos polos que foi denunciado: practica-lo deporte cinexético da caza en horas nocturnas (2.15 horas) e época de veda, auxiliado por unha lanterna e os focos dun vehículo, levando a escopeta no seu interior alimentada con dous cartuchos de bala calibre 12, marca Fiocchi.

Tipificación das infraccións: artigos 58.37º, 59.8º e 59.12º da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Cualificación das infraccións: unha infracción grave e dúas moi graves.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.