Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de abril de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes Pereira e outros pertencentes ó lugar de Ermelo do concello de Bueu.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co diposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Asistentes.

Presidente: José Luis Díez Yáñez.

(Delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais.

Luis Mª Muíños Vidueira.

(Letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia).

Isabel Catoira Lamela.

(Avogada polo colexio da provincia).

Teodoro Arribas Serrano.

(Xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Vocais representantes do lugar de Ermelo do concello de Bueu.

Manuel Portela González.

Manuel Estévez Portela.

Secretaria: Mª José León Gómez.

(Xefa do Servicio Técnico-Xurídico da delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día 4 de abril de 2001, coa asistencia das persoas á marxe citadas, reúnese na 4ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir sobre a clasificación dos montes Pereira e outros do lugar de Ermelo do concello de Bueu.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O presidente da comisión xestora para a clasificación dos montes veciñais en man común do lugar de Ermelo do concello de Bueu solicitou con data do 30-4-1996, a clasificación como veciñais en man común dos montes Pereira e outros do lugar de Ermelo do concello de Bueu.

Posteriormente mediante escrito con rexistro de entrada do 8-10-1997 renuncian á clasificación de varios montes inicialmente solicitados, quedando

limitada a petición de clasificación ós montes Paralaia, Esculca, Pereira, da Serra e Pouso das Cruces.

Segundo.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais na súa reunión do 3-11-1997 acordou inicia-los trámites para a clasificación dos referidos montes, así como a remisión do expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais da entón Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra para o seu estudio e informe, nomeándose instructor do expediente a Serafín Quinteiro Blanco.

Terceiro.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, procedeuse á apertura do trámite de audiencia presentándose alegacións por parte dos instantes da clasificación, concello de Bueu, Organización Galega de CMVMC, Mancomunidade de Xuntas de MVMC do Morrazo e Carmen Estévez Portela, e formulándose oposición á clasificación solicitada por parte do concello de Bueu.

Cuarto.-Por acordo do xurado na reunión do 29-11-2000, e como consecuencia do cesamento a petición propia de Serafín Quinteiro Blanco, noméase instructora do expediente a Isabel Catoira Lamela.

Quinto.-A instructora do expediente sinala en primeiro lugar que é preciso reduci-la cabida solicitada en catro dos montes dos que se interesa a súa clasificación respecto á que se propón por excede-la primeira do correspondente termo municipal. A continuación expón que os montes obxecto deste expediente obedecen á seguinte descrición:

Nome do monte: Chan de Paralaia.

Cabida: 8,6 ha aproximadamente.

Lindes.

Norte: propiedades particulares de José Freire e Manuel Ave Lobeira.

Sur: propiedades particulares de Camilo Ave, Marcial Diz Franco e Benito Ave Cerviño.

Leste: límite do concello de Moaña.

Oeste: pista forestal e propiedades particulares de Manuel Paredes Cruz, irmáns de Ricardo Soage, Salvador Pena Santos, Tomás García Parada, Manuel Díaz Amoedo, Salvador Souto, José Freire e Benito Carrera. É camiño veciñal.

Propónse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de Montes Veciñais en man común.

Nome do monte: Esculca.

Cabida: 2 ha aproximadamente.

Lindes.

Norte: propiedades particulares de Benigno Santos, Rita Vilas Santos, Peregrina Campelo e Carmen Carballo Agulla.

Sur: propiedade particular de Manuel Paredes Cruz.

Leste: camiño veciñal e propiedades particulares de Peregrina Santos Juncal, Manuel Cruz Portela e Isolina Cruz Portela.

Oeste: propiedades particulares de Adolfo Piñeiro Martínez, José Otero, Juan Barreiro, Antonio Estévez e Servando Miranda.

Proponse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Nome do monte: Monte Pereira.

Cabida: 0,5 ha aproximadamente.

Lindes.

Norte: propiedades particulares de Benito Otero Miranda, irmáns de José Loira Fazanes, Dolores Santos e Rita Vila Santos.

Sur: propiedades particulares de Guillermo Juncal Corredoira, Manuel Pousada Currás e Amelia Fazanes Juncal.

Leste: propiedades particulares de Celestino Gallego Paz, Benito Santos, José Costas Riobó e Tomás García Parada.

Oeste: camiño veciñal e propiedades particulares de Amelia Fazanes Juncal.

Proponse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de Montes Veciñais en man común.

Nome do monte: Monte da Serra.

Cabida: 1,2 ha aproximadamente.

Lindes.

Norte: propiedades particulares de Manuel Paredes Criz e José Otero.

Sur: límite do concello de Cangas.

Leste: propiedades particulares de Manuel Paredes Cruz, José Germade e Antonio Antepazo Jalda.

Oeste: camiño veciñal e propiedades particulares de Antonio Portela Lorenzo, Manuel Paredes Cruz e Manuel Cruz Portela.

Proponse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Nome do monte: Pouso das Cruces.

Cabida: 0,5 ha aproximadamente.

Lindes.

Norte: camiño veciñal e propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Leste: límite do concello de Moaña.

Oeste: propiedades particulares.

Proponse a non clasificación por non quedar demostrado o aproveitamento veciñal.

Fundamentos de dereito.

1. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9º da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2. De conformidade co recollido no artigo 1 da citada Lei 13/1989, do 10 de outubro, o feito que xustifica ou exclúe a clasificación como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse demostrado ou non o aproveitamento veciñal de feito do dito monte, reservándose á xurisdicción civil ordinaria os temas de dominio e demais dereitos reais sobre o monte.

3. Segundo testemuños e informes que figuran no expediente, resulta que os montes Chan de Paralaia, Esculca, Pereira e Monte da Serra son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar de Ermelo do concello de Bueu, non ocorrendo o mesmo co monte denominado Pouso das Cruces no que non resulta acreditado o citado aproveitamento veciñal.

4. De acordo co establecido no artigo 12 da Lei 55/1980, de montes veciñais en man común, e no artigo 27 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, non será obstáculo á clasificación dun monte como veciñal en man común o feito de estar incluído nalgún catálogo, inventario ou rexistro público con asignación de diferente titularidade, salvo que os asentos se practiquen en virtude de sentencia dictada en xuízo declarativo; e máis tendo en conta que no expediente queda acreditado, de xeito efectivo, que os terreos obxecto de clasificación veñen aproveitándose consuetudinariamente polos membros da comunidade na súa calidade de veciños, excepto no caso xa sinalado do monte Pouso das Cruces.

5. En consideración ó exposto, e de conformidade co sinalado no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, así como no artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa cualidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

En consecuencia, vistos os preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación ó

caso examinado, o instructor propón e de maneira unánime o xurado.

ACORDA:

1. Clasificar como veciñal en man común a favor dos veciños do lugar de Ermelo do concello de Bueu os montes Chan de Paralaia, Esculca, Pereira e Monte da Serra por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, correspondéndose coa planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable desta resolución, e de acordo coa descrición sinalada no antecedente de feito quinto.

2. Non clasificar como veciñal en man común o monte Pouso das Cruces por non quedar demostrado o aproveitamento veciñal.

Por parte dos vocais representantes do lugar de Ermelo do concello de Bueu maniféstase a súa desconformidade no que afecta á non clasificación do monte Pouso das Cruces e no que refire á cabida clasificada no monte Pereira.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 20 de abril de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra