Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Frisona Galega (Afriga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvmento da Lei 19/1997, do 1 de abril e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día

8 de maio de 2001, certificación expedida polo secretario da referida asociación, Agustín Pulleiro Bermúdez, avalada co visto e prace do presidente, Juan Francisco Novo García, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na xunta xeral extraordinaria celebrada o día 22 de decembro de 2000 e que consiste nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais