Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2001 pola que se autoriza a Insuíña, S.L. a modificación dun criadoiro e granxa mariña situados no lugar de Mougás, concello de Oia (Pontevedra).

1. Feitos.

Primeiro.-Por resolución desta consellería do 27 de xullo de 2000 autorízase a Insuíña, S.L. para modifica-lo criadoiro situado nas Mariñas-Mougás,

concello de Oia (Pontevedra) e outórgaselle permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dunha unidade de granxa mariña no citado lugar.

Segundo.-Mediante escrito do 17 de novembro de 2000, Enrique de Llano Monelos, en representación de Insuíña, S.L., solicita autorización para a transformación de 1.661 m da área de preengorda e engorda da granxa mariña en criadoiro.

Terceiro.-De acordo coa documentación que entrega a empresa, a modificación non supón alteracións na estructura das plantas nin do dominio público ocupado e tampouco modifica substancialmente a capacidade das instalacións.

Cuarto.-No expediente figura o informe técnico-biolóxico.

2. Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente, de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

Examinadas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Delegación Territorial de Vigo, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a Insuíña, S.L., con CIF nº B-36021954, o incremento en 1.661 m da superficie ocupada polo criadoiro outorgado por Orde do 24-4-1982 (BOE nº 142), e a diminución en 1.661 m da granxa mariña outorgada por Resolución do 27 de xullo de 2000 (DOG nº 202).

Baixo as seguintes condicións:

-Primeira: as obras e instalacións levaranse a cabo de acordo co proxecto presentado por Insuíña, S.L. con data 17-11-2000. Poderán dar comezo no momento en que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos organismos competentes na materia e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de dous anos, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución.

-Segunda: á execución das obras e instalacións e ó inicio da actividade seranlle de aplicación os artigos 5 e 6 da Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

-Terceira: o establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún con

cepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

-Cuarta: a presente autorización non implica modificación da ocupación do volume edificable, da ocupación de dominio público nin da capacidade autorizada.

-Quinta: o outorgamento desta autorización non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles por outros organismos en función das características do establecemento.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados, en ámbolos dous casos, desde o día seguinte ó da publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 17-12-1997; DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura