Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 15 de xuño de 2001 Páx. 8.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Currás. (Expediente 4/2000).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Eurovento, S.L. Unipersonal con domicilio para efectos de notificacións na rúa Varsovia 4-C, 5ª planta. Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, sobre a utilidade pública das instalacións do parque eólico denominado Currás, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 18-7-2000, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación da empresa Eurovento, S.L. Unipersonal, solicitou a declaración de utilidade pública, do parque eólico denominado Currás, de 7,8 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por acordo da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Coruña, do 10-8-2000, para os efectos previstos nos decretos 2617 e 2619/1966, xa mencionados, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes

medios: no xornal El Ideal Gallego do 28 de agosto, DOG do 28 de agosto, no BOP da Coruña do 7 de septiembre 2000 e no taboleiro de anuncios do concello de Mazaricos e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-O 2 de marzo de 2001 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-O 3 de maio de 2001, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

CurrásMazaricos (A Coruña)XY

0.496.4864.751.794

0.497.0504.751.866

0.497.1984.751.294

0.497.2614.751.305

0.497.3114.751.033

0.496.9084.751.011

0.496.8854.751.227

Nº de aeroxeradores: 6.

Potencia unitaria por aeroxerador: 1.300 kW.

Potencia total instalada: 7,8 MW.

Altura das torres: 48 metros.

Diámetro das pas: 62 metros.

Producción neta anual estimada: 4.322 MWh.

Investimento previsto: 979.496.725 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-6 centros de transformación de 0,69/30 kV situados no interior da base da torre de cada aeroxerador, formado por un transformador de 1.600 kVA de potencia nominal unitaria e os elementos de protección e manobra correspondentes.

-Rede eléctrica de cable subterráneo RHZI 18/30 kV de 240 mm de sección, para a interconexión da liña do propio parque eólico de Currás, e as liñas I e II procedentes do parque eólico da Ruña á estación de manobra e o apoio 11 da L.A.T. a 30 kV subestación das Paxareiras.

-A transformación de 30 a 66 kV realízase na subestación de Paxareiras, que conta cun transformador de 40/50 MVA, e que se utiliza conxuntamente polos parques eólicos de Currás, A Ruña e Virxe do Monte.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fun

damento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico, declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cumpridos os trámites establecidos nos artigos 9, 10 e 11 do Decreto 2619/1966, que aproba o regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sanción en materia das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruídos para o efecto.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Currás, no municipio de Mazaricos (A Coruña), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición, de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207,

do 26 de outubro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio