Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 7 de maio de 2001, da Delegación Provincial Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación do 22 de decembro de 2000 relativo ó expediente sancionador PO-134/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona o acordo de iniciación da Delegación Provincial de Pontevedra relativo ó expediente sancionador en materia de turismo número PO-134/2000, incoado o titular do bar denominado O Carrasco, situado no lugar de Chan do Carrasco-Randulfe, de Tui, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1º do

R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, para achegaren ante o instructor do expediente cantas alegacións, documentos, ou informacións coiden convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.

De non formular alegacións no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, o acordo de iniciación considerarase proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Expediente: PO-134/2000.

Instructora: Mª de los Ángeles Herrero Pérez.

Infractor: cafe bar O Carrasco, C.B.

Establecemento: bar O Carrasco.

Domicilio: Chan do Carrasco, s/n, Randulfe.

Localidade: Tui.

Acordo de iniciación: 22 de decembro de 2000.

Precepto infrinxido: artículo 86.2º e 86.5º da Lei 9/1997.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Pontevedra, 7 de maio de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra