Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.033

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración consistente en lencería para centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración consistente en lencería para centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo.

c) Nº de expediente: 12/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración consistente en lencería para centros dependentes desta delegación provincial.

b) Nº de unidades que se van entregar:

c) División por lotes e número: 11 lotes.

d) Lugar de entrega: a entrega efectuarase en cada un dos centros onde a mercadoría estea destinada.

e) Prazo de entrega: 3 meses, contados a partir da data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.851.975 pesetas (seis millóns oitocentas cincuenta e unha mil novecentas setenta e cinco pesetas) incluído IVE, 41.181,20 euros.

* Partida I (toallas e alfombriñas): 1.204.300 pesetas (un millón duascentas catro mil trescentas pesetas), 7.237,99 euros

* Partida II (almofadas e colchóns de resortes): 912.750 pesetas (novecentas doce mil setecentas cincuenta pesetas), 5.485,74 euros.

* Partida III (colchóns de látex): 27.000 pesetas (vintesete mil pesetas), 162,27 euros.

* Partida IV (fundas de almofada, almofadóns e sabas): 1.581.675 pesetas (un millón cincocentas oitenta e unha mil seiscentas setenta e cinco pesetas), 9.506,06 euros.

* Partida V (colchas e faldras para mesa braseiro): 772.000 pesetas (setecentas setenta e dúas mil pesetas), 4.639,81 euros.

* Partida VI (limpeiros): 74.000 pesetas (setenta e catro mil pesetas), 444,75 euros.

* Partida VII (empapadores de cama e babeiros): 1.081.000 pesetas (un millón oitenta e unha mil pesetas), 6.496,94 euros.

* Partida VIII (manta de viaxe e muletóns): 350.000 pesetas (trescentas cincuenta mil pesetas), 2.103,54 euros.

* Partida IX (pixamas e camisóns): 275.000 pesetas (duascentas setenta e cinco mil pesetas), 1.652,78 euros.

* Partida X (manteis, salvamanteis, panos de mesa, panos de vaixela e cociña): 377.450 pesetas (trescentas setenta e sete mil catrocentas cincuenta pesetas), 2.268,52 euros.

* Partida XI (alfombras de cuartos e cortinas de baño): 196.800 pesetas (cento noventa e seis mil oitocentas pesetas), 1.182,79 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se exise.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: a documentación estará dispoñible en tódalas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: información na avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade e código postal: Vigo 36202.

d) Teléfono: 986 81 72 11 e 986 81 72 12.

e) Fax: 986 81 72 01.

f) Páxina web: www.sergas.es.

g) Correo electrónico: María Eugenia Costas Davila/SA/XUNTA*XUNTA.

h) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas, tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra en avda. Vigo, s/n ou nas súas dependencias de Vigo, avda. Cánovas del Castillo, s/n, código postal 36202. Tamén poden enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais nas súas dependencias de Vigo.

b) Domicilio: avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de propostas.

e) Hora: 10 horas

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de maio de 2001.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra