Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración consistente na adquisición de uniformes para o persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración consistente na adquisición de uniformes para persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica, na avda. Cánovas del Castillo, s/n de Vigo.

c) Nº de expediente: 13/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración consistente na adquisición de uniformes para persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.

b) Nº unidades que se van entregar: segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: 8 lotes.

d) Lugar de entrega: a entrega efectuarase en cada un dos centros onde a mercadoría estea destinada.

e) Prazo de entrega: 3 meses contados a partir da data de formalización del contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.456.900 pesetas (catorce millóns catrocentas cincuenta e seis mil novecentas) incluído IVE, 86.887,72 euros.

* Partida 1: roupas diversas (confección á medida): 2.755.000 pesetas (dous millóns setecentas cincuenta e cinco mil), 16.557,88 euros

* Partida 2: pixamas e batas: 3.268.000 pesetas (tres millóns duascentas sesenta e oito mil), 19.641,08 euros.

* Partida 3: roupas de punto: 2.718.000 pesetas (dous millóns setecentas dezaoito mil), 16.335,51 euros.

* Partida 4: roupas de cociña: 660.400 pesetas (seiscentas sesenta mil catrocentas), 3.969,08 euros.

* Partida 5: roupas deportivas: 1.056.000 pesetas (un millón cincuenta e seis mil), 6.346,69 euros.

* Partida 6: calzado: zapatos de pel e botas de goma: 756.000 pesetas (setecentas cincuenta e seis mil), 4.543,65 euros.

* Partida 7: calzado: zapatillas deportivas: 533.000 pesetas (cincocentas trinta e tres mil), 3.203,39 euros.

* Partida 8: calzado: zocos: 2.710.500 pesetas (dous millóns setecentas dez mil cincocentas), 16.290,43 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: a documentación estará dispoñible en tódalas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: información en avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade e código postal: Vigo 36202.

d) Teléfono: 986 81 72 11 e 986 81 72 12.

e) Fax: 986 81 72 01.

f) Páxina web: www.sergas.es.

g) Correo eletrónico: María Eugenia Costas Davila/SA/XUNTA*XUNTA.

h) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas, tódolos días laborables excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra en avda. Vigo, s/n de Pontevedra ou nas súas dependencias de Vigo, avda. Cánovas del Castillo, s/n, código postal 36202. Tamén poden enviarse por correo na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non.

f) Se é o caso, número previsto (ou números máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido):

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais nas súas dependencias de Vigo.

b) Domicilio: avda. Cánovas del Castillo, s/n.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de propostas.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de maio de 2001

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra