Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 14 de xuño de 2001 Páx. 8.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, da contratación de dúas obras.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite urxente, dos seguintes contratos de obras:

1. Restauración da igrexa de Penamaior. 2ª fase. Becerreá (Lugo).

-Orzamento de licitación: dezasete millóns oitocentas noventa e dúas mil setenta e dúas pesetas (17.892.072 pesetas=107.533,52 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

2. Reparación da cuberta da igrexa do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Nogueira de Ramuín. (Ourense)

-Orzamento de licitación: quince millóns de pesetas (15.000.000 de pesetas=90.151,82 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos de obras estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

472... igrexa de Penamaior.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=

473... Santo Estevo de Ribas de Sil.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C) para cada un dos contratos.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2001.

P. D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo