Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.926

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CISTIERNA

EDICTO (3009/2000).

María Jesús López Viejo, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cistierna, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 9/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Rosario María Bardón González, xuíza de Instrucción, vista e oída en xuízo oral público esta causa xuízo de faltas 9/2000, seguida por unha falta contra os intereses xerais do artigo 629 contra Antonio Carrizo Cadaya, Roberto Carlos Soto González e Daniel Soto González, sendo parte nela o Ministerio Fiscal e denunciante a estación de esquí de San Isidro.

Decido que debo condenar como condeno a Roberto Carlos Soto González como autor responsable dunha falta contra os intereses xerais do artigo 629 do Código penal á pena de 60 días de multa cunha cota diaria de 2.000 pesetas con responsabilidade persoal subsidiaria, en caso de non pagamento, de 15 días, e debendo indemnizar en concepto de responsabilidade civil a estación de esquí San Isidro coa cantidade de 10.000 pesetas e ó pagamento das custas.

Que debo absolver e absolvo a Antonio Carrizo Cadaya e a Daniel Soto González da falta de que viñan sendo acusados.

Unha vez firme esta resolución, procédase á destrucción dos billetes.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Roberto Carlos Soto González, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Cistierna, oito de maio de 2001».

A secretaria

Rubricado